PROXECTO DE CENTRO

No noso empeño por coidar o medio ambiente recollemos os vasos do café e as culleres para seren reutilizados en futuros traballos  como as maquetas de tecnoloxía en secundaria e actividades de plástica de primaria.

Grazas a todos por colaborar!!!

PLAN PROXECTA 2014-15

 

 

A clínica veterinaria TEOVET de Cacheiras obsequiou ao colexio con dous libros sobre educación e comportamento  canino que se porán a disposición do alumnado na biblioteca do centro un deles e nas mochilas viaxeiras o outro.

Dende o noso cole dámoslles as grazas por teren este detalle!!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS !!!!!!!

 

CONTRATROS PROGRAMA (PROA)

En vista de que algunhas familias se puxeron en contacto co centro para preguntar polas clases do PROA, comunicámoslles que a Consellería notificará a resolución provisional a próxima semana. En canto teñamos toda a información o comunicaremos ás familias a través dunha nota entregada aos alumnos correspondentes e unha publicación na nosa web.

Grazas e desculpen as molestias.

NADAL

 

 

Coma todos os anos polo Nadal o alumnado de Secundaria realizou adornos e dúas árbores  utilizando material de refugallo...aquí podedes ver unha mostra dos traballos...

  

  

VIDEO PROXECTO RÍOS

Sumándonos ao PROXECTO RÍOS, realizamos unha inspección nun tramo do Río Sarela,(Concello de Rois).

Para ver o video preme en video proxecto ríos

 

 

RECICLAMOS

Dentro do programa ECO-ESCOLA aproveitamos as sesións de E. Física

para traballar a creatividade, a expresión, o movemento,... con diferentes materiais.

Para ver as fotos preme en  E. Física primaria.

GALA OLLOBOI 2014

Para ver o video da entrega de premios OLLOBOI 2014 preme en GALA OLLOBOI 2014 

VÍDEO DA CAMPAÑA SOLIDARIA 2013-14

No ENLACE poderedes ver o vídeo gabado a finais do curso pasado no que participaron alumnos de diferentes cursos e algún que outro profesor....

COLABORACIÓN SOLIDARIA

Este curso continuamos colaborando con diferentes entidades (canceiras municipais e asociacións) preocupadas polo benestar animal. A campaña deste ano escolar centrarase no problema do abandono e a necesidade de esterilizar e adoptar.

Picando no ENLACE poderedes acceder á nota na que figuran o tipo de enseres e medicamentos  que podemos donar para esta campaña de Nadal.

Grazas a todos pola vosa colaboración!!!

Powered by Drupal - Design by artinet