ECLIPSE DE SOL

Durante a mañá do día 20 de marzo poderemos observar un eclipse de sol que será visible en Europa e parte de África e Asia. Esperemos ter sorte e contar co ceo despexado. Non esquezades protexer ben os ollos!!!!!

Aquí deixamos un ENLACE con máis información.

 

178 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA

Con motivo do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, realizouse unha actividade conmemorativa

na que os alumnos leron algúns poemas de Rosalía.

COMPARSAS "y a lo loco"

Os alumnos de 4º ESO recibiron o premio á mellor comparsa xuvenil en Dodro

e o 2º premio á mellor comparsa (todas as idades) en Rois.

FOTOS ENTROIDO 2015

Para ver as fotos do entroido 2015 preme na imaxe.

Proxecto anual 4º ESO 2014-15

Entrando no departamento de Tecnoloxía poderedes ver algunhas fotos do traballo que están a realizar os alumnos de 4º de ESO para este curso. Esperamos que sexa do voso agrado.

INFORMACIÓN PAIS/NAIS

As clases  reanudaranse o xoves 19 de febreiro.

ENTROIDO 2015

O vindeiro venres 13 de febreiro celebraremos o entroido no colexio.

A primeira sesión dedicarémola a disfrazarnos e ás dez e cuarto aproximadamente sairemos do colexio

nun desfile ata o o Centro de día onde visitaremos aos maiores ( Se chove quedaremos no colexio ).

De volta no colexio, sobre as 11:30, faremos unha degustación de productos típicos do entroido, baile

de disfraces e queima do Meco.

O horario de saída será para todos os alumnos, primaria e secundaria, ás 12:40.

 

MAGAZINE INFOINSO

 Magazine realizado polos alumnos de 4º ESO en francés e plástica. Para velo vídeo preme en Magazine Infoinso.

CONTRATROS PROGRAMA (PROA)

Comunicámoslles que as clases do PROA comezarán o vindeiro martes día 10 de febreiro.

O horario, tanto para primaria como para secundaria, será o seguinte:

Martes e xoves  de 16:00 a 18:00 horas.

 

ENCALLADOS

O venres 9 de xaneiro proxectamos na biblioteca a película "Encallados" (2013), película que recolle as experiencias

e dificultades ás que se afronta un director de cine para levar un film a bo porto.

Ó remate da película mantivemos unha charla co director da película Alfonso Zarauza.

Powered by Drupal - Design by artinet