CAMPAÑA 2015-16

Aquí tedes os carteis da campaña deste ano contra maltrato e abandono animal. A idea e o lema foi cousa do alumnado de 4º de ESO. As fotos foron tomadas por fotógrafos de La Diapo e a ilustración do cartel por J. L. Estévez, o gran "Huracán Estévez".

 

CAMPAÑA 2015-2016 CONTRA MALTRATO E ABANDONO ANIMAL

Na sección de Plan Proxecta 2015-16, En Rede de Centros Escolares Solidarios poderedes ver as actividades levadas a cabo no noso centro. Esperamos que vos gusten!!!

 

AVISO

Recordamos que as clases do mércores pola tarde para o alumnado de Secundaria rematarán o día 31 de maio.

GRAZAS

PROA

Estimadas familias, as clases de apoio que se están a impartir os martes e xoves pola tarde (PROA) rematarán o día 15 de xuño. O último día, polo tanto, para o alumnado de Primaria será o martes día 14 e, para o alumnado de secundaria ampliarase o prazo ata o  xoves 16 de maio debido a que aínda haberá exames finais.

Reciban un cordial saúdo

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

       Saiu publicada a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

      Como  novidade, este ano só haberá que cubrir un único formulario que estará a disposición dos interesados no despacho de administración do centro.

         A data límite para entregalos cubertos é o 23 de xuño.

       http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.pdf

        Grazas e un saúdo

   
 

PLAN PROXECTA (RCES). ACTIVIDADES CO REFUXIO DE BANDO

O vindeiro venres día 13 de maio recibiremos a visita de persoal do Refuxio de Bando, xunto con algún dos animais que teñen ao seu coidado.

A charla será de 11:15 a 12:40 e tratará sobre os coidados médicos, de hixiene e trato aos animais e sobre o traballo que se realiza nestes centros e como adoptar/apadriñar, ser socio o acoller animais nas nosas vivendas.

Invitamos a toda a comunidade educativa a participar !!!!

CURSOS DE LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA ALUMNADO (CUALE)

Convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE).

Podedes acceder á información no seguinte enlace:

ENLACE

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

 


Estimados pais e nais:

A dirección  do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, en representación do Claustro de profesores, ponse en contacto con vostedes a raíz dos problemas xurdidos dende o Concello de Dodro co servizo de limpeza e de conserxería do noso centro educativo.

 

Despois de varios reunións co Concello de Dodro a situación na que se atopa o centro é a seguinte:

 

As labores de conserxería que se viñan realizando dende ata o de agora  quedan reducidas a apertura e peche do centro e custodia e vixiancia do mesmo.

 

A persoa que cubre este posto recibiu notificación do Concello por escrito do seu novo horario o 5 de febreiro de 2016 e orde  de que non pode realizar as seguintes funcións: atención telefónica, atención ao público, custodia dos alumnos e outras tarefas administrativas como labores de reprografía (facer fotocopias) ou recoller correo, paquetes etc….

Esto está a provocar, como ben saben as familias,  problemas serios de organización xa que estas labores pasan a ser realizadas polo profesorado no caso de  que este  estea dispoñible polo que pode darse o caso de que non se poida contestar ao teléfono ou atender aos pais  ou  nais nun momento dado debido a que non haxa profesores libres para facelo. Obviamente o profesorado non vai a desatender  a labor docente para realizar este tipo de traballos.

 

Dende o Concello opinan que esas labores non lle corresponden á persoa que ocupa o posto de conserxe e dende o centro, o claustro de profesores, opina que ter que atender ás labores de subalterno, que, por outra banda, tampouco lle corresponden, está a deteriorar a calidade do ensino e o  bo funcionameneto do centro educativo.


Con respecto ao servizo de limpeza hai que aclarar que dende o 11 de febreiro deste ano reduciuse o persoal de limpeza de dúas persoas a unha que, segundo o Concello,  a conserxe, ademais de realizar as súas función de conserxería e vixiancia, debe asumir a limpeza de tres edificos que corresponden a Primaria, Secundaria e o ximnasio (cos seus correspondentes baños de alumnos e profesores e vestiarios) ademais dos patios que, aínda que non se limpan a diario, requiren dunha limpeza , polo menos mensual. A superficie total  é de arredor de 4500m
2.

Esto é a todas luces insuficiente e así foi comunicado ao representante do Concello no último Consello Escolar.

A día de hoxe as aulas estanse a limpar unha vez por semana o que nos obriga a traballar en condicións de falta de hixiene e salubridade.

Esperamos que  as labores da conserxe queden aclaradas nun periodo de tempo o máis breve posible e reiteramos a  nosa reclamación ao Concello para que solucione os problemas ocasionados co tema da limpeza.

 

 

Agradecendo de antemán a súa comprensión e paciencia
Reciban un cordial saúdo
A directora do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro
Ana Fernández Pérez

CONVOCATORIA LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA ALUMNADO

Publicada no DOG a ORDE do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 para o alumnado. Picando no enlace poderedes acceder a dita publicación.

En caso de dúbida as familias poderán achegarse ata o centro.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

AS CLASES REANUDARANSE O MARTES 29 DE MARZO.

BOAS VACACIÓNS A TODOS.

 

Powered by Drupal - Design by artinet