AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

A PARTIRES DO DÍA 12 ESTÁ PREVISTO QUE  POIDAN PASAR A RECOLLER OS VALES DAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. DEBIDO AOS PROBLEMAS DE CONEXIÓN DESTES DÍA PODERÍA HABER RETRASOS POLO QUE LLES PREGAMOS ESTEAN ATENTOS Á PÁXINA WEB DO CENTRO POR SE HOUBERA MODIFICACIÓNS NAS DATAS DE ENTREGA DOS VALES.

RECORDAMOS QUE O ALUMNADO DE ESO DEBE ENTREGAR OS LIBROS DE TEXTO ANTES DO DÍA DA ENTREGA DE NOTAS (DÍA 7) E QUE NOS PRIMEIROS DÍAS DE CLASE RECIBIRÁN, POR MEDIO DOS SEUS FILLOS/AS, UN LISTADO DO MATERIAL ESCOLAR QUE REQUIRE O PROFESORADO EN CADA GRUPO POLO QUE LLES AGRADECERIAMOS ESPERARAN A TER DITO LISTADO ANTES DE MERCAR MATERIAL ESCOLAR (LIBRETAS. BLOCKS, .....).

GRAZAS E PERDOEN AS MOLESTIAS.

AVALIACIÓN E ENTREGA DE NOTAS

A avaliación dos exames de setembro será o día 6 e as notas entregaranse o día 7 ás 11:00 horas. O periodo de reclamacións será os días 7, 8 e 9 de setembro.

LISTAXE DE FONDO LIBROS COMPLEMENTARIA 5º PRIMARIA

No enlace poderedes acceder á listaxe de libros complementaria do fondo de libros de 5º de primaria para aqueles alumnos/as para os que non figuraban libros (ou só dous ou tres) na listaxe do fondo de libros definitiva:

COMPLEMENTARIA

CORRECCIÓN DE ERROS: O  alumno Eloy Lampón Romero recibirá de xeito complementario os libros de Ciencias Sociais, Castelán, Matemáticas e Ciencias naturais.

COMEZO DAS CLASES EN SETEMBRO

As clases comezarán o día 12 de setembro para o alumnado de primaria e o 15 para o de secundaria.

No ficheiro adxunto tedes o calendario escolar para o curso 2016-2017.

LISTADOS LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-17

Nos enlaces podedes consultar os listados de libros de texto para o vindeiro curso:

PRIMARIA

SECUNDARIA

 

NOTA: Dende a Asesoría de Linguas Estranxeiras da Consellería nos comunican que a  sección bilingüe na materia de Ciencias da Natureza de 2º de primaria foi admitida polo que as familias con nenos neste curso xa poden mercar os libros de texto.

Grazas e desculpen as molestias.

LISTADOS DEFINITIVOS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS FONDO LIBROS PRIMARIA PARA O CURSO 2016-17

Nos enlaces poderedes consultar os listados definitivos do fondo de libros de primaria:

 

ADMITIDOS

EXCLUÍDOS

LIBROS DE TEXTO E FONDO DE LIBROS CURSO 2016-17

O listado de libros de texto de primaria e secundaria e o listado do fondo de libros serán publicados nesta páxina web e colocados na porta de acceso a conserxería nos próximos días.

Grazas

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-17

As persoas solicitantes destas axudas poderán pasara recoller os cheques a partires do 10 de setembro. Non se entregarán antes coa idea de coordinar as necesidades de material dos diferentes profesores/as e as compras do mesmo.

Grazas

Powered by Drupal - Design by artinet