POESÍA

 O mércores 23 de marzo recibimos en 5º a visita de Marina Losada, poeta rianxeira, que veu a lernos os seus poemas sobre o medo e outros máis de temáticas diferentes.

Marina explicounos como era o seu proceso creador e  animounos a escribir. 

 

Nós agasallámola cuns acrósticos que fixemos co seu nome. Agardamos que lle gustaran. Velaquí algún exemplo:

 

 

 Clica no  enlace para acceder ao seu video-poema 200 nenas galegas, xurdido a raíz do secuestro en Chibok  por parte do grupo Boko Haram. Esperamos que vos guste. 

 

 

OBRADOIRO: SOLIDARIEDADE COS REFUXIADOS

Hoxe, martes 21 de febreiro, estiveron no noso CPI Teresa e Cristina, membros do Partido Solidaridad y Autogestión Internacionalista.

Co alumnado de 5º e 6º estivemos traballando a solidariedade cos refuxiados. Escollemos unha imaxe familiar, ubicámonos nun país,  imaxinamos uns motivos para a fuxida e... que levariamos na mochila?

A partir desta situación ficticia intentamos tomar conciencia sobre a realidade tan difícil que se está a vivir nestes momentos en distintos puntos do planeta.

Velaquí distintos momentos do obradoiro:

 

 

Tamén participou o alumnado de secundaria

Agradecemos a Teresa e Cristina a súa presenza no noso cole e a reflexión que nos suxeriron:

A pequena acción que podemos desenvolver entre todos é moi importante.

CLASES CON ALFONSO ZARAUZA

Recibimos como en anos anteriores a visita do director de cine Alfonso Zarauza que nos asesora á hora da grabación e realización do  vídeo que curso tras curso elaboran os departamentos de Música e Debuxo.

O alumnado que recibe o obradoiro é o de 4º de ESO. Aquí tedes unha mostra.

  

DÍA DE ROSALÍA

No ENLACE podedes ver o vídeo feito no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía e que leva por título "A Sombra de Rosalía".

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES  E AO EQUIPO DE PROFESORADO RESPONSABLE  DO MESMO

Esperamos que vos guste!!!

A EXPRESIÓN DO MEDO

Exposición con fotos sobre a crise humanitaria dos refuxiados cedidas polo CEIP de Aguiño en colaboración coa ONG Somos Humanos Somos Refuxio de Ribeira.

Máis información no ENLACE

MAKING OF DA ACTIVIDADE DO DÍA DE ROSALÍA

Membros da comunidade educativa do noso centro xuntámonos para grabar un vídeo recitando poemas de Rosalía de Castro como conmemoración á celebración do día desta gran autora o 24 de febreiro.

 

CHARLAS SOBRE HIXIENE BUCODENTAL PARA OS MÁIS PEQUENOS

Aquí tedes fotos da charla impartida ao alumnado de 1º e2º de Primaria sobre hixiene e coidado bucodental.

 

 

No enlace podedes acceder a máis información e fotos desta actividade.

 

PUBLICACIÓN NO DOG DE INTERESE

No DOG de hoxe saen publicadas as convocatorias das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos e a  proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. Os interesados poden consultalas picando nos enlaces correspondentes.

NOVA NO XORNAL

A nova da xornada de formación do club de debate saiu publicada en El Correo Gallego. Aquí unha imaxe.

XORNADA DE DEBATE

 

Algúns alumnos/as de 3º e 4º de ESO participaron nunha xornada de debate co CPI Dices de Rois.....a impresión: Xornada "intensa,  entretida e moi interesante".

Seguiremos a evolución destas xornadas animando ao noso "equipo local"!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet