¡ACABÁRONSE AS VACACIÓNS!
Trala incorporación do alumnado de Educación Primaria o mércores pasado, hoxe tocoulle ao de Educación Secundaria
¡ACABÁRONSE AS VACACIÓNS!
Trala incorporación do alumnado de Educación Primaria o mércores pasado, hoxe tocoulle ao de Educación Secundaria
Normalidade na "operación retorno" do alumnado de Educación Primaria
GRAN AFLUENCIA DE FAMILIAS NA REUNIÓN DE INICIO DE CURSO
O equipo directivo puxo en coñecemento dos pais e nais asuntos de interese como os horarios, as titorías, as ratios, entre outros aspectos organizativos do centro
Con motivo da eliminación dun dos autobuses que realiza o transporte escolar do noso centro, a recollida dos nenos e nenas na parada de Pexegueiro adiantarase ás 08:35 horas. Esto provocará unha lixeira alteración no horario das paradas seguintes co que, nos primeiros días de clase, sería aconsellable que os rapaces estiveran nas súas paradas cuns minutos de antelación.
GRAZAS.
PAIS, NAIS E ALUMNOS A UN NOVO CURSO!!!!!!!!.
Información para o inicio deste curso 2012-2013: A reunión de pais e nais terá lugar o martes día 11 de setembro ás 20:00 horas no patio central do edificio de primaria.
As clases comezarán o día 12 para Primaria e o 17 para os alumnos de Secundaria. O horario será de 09:00 a 14:20 horas.
RECORDAMOS AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE AS NOTAS CORRESPONDENTES AOS EXAMES DE SETEMBRO SERÁN ENTREGADAS O DÍA 07 ÁS 12:00 HORAS E O PERIODO DE RECLAMACIÓNS SERÁ OS DÍAS 7 E 10 DE SETEMBRO.
Á vosa disposición está o informe sobre a evolución académica dos nosos alumnos durante o tempo que estiveron escolarizados no centro e a súa evolución e logros en anos posteriores. Facendo click accederedes a dito informe.
O listado de libros de texto pode ser consultado na sección de "libros de texto" en "Secretaría"
PARA CALQUERA CONSULTA SERÁN ATENDIDOS NO 981 80 22 05.
Hoxe tivemos o inmenso pracer de desfrutar, de man de Xan Pérez, da obra de títeres que leva por título "Caraporquiña Vermella". Podedes ver alguna das fotos na nosa galería no álbum TITERES.
Esperamos que vos gusten case tanto como lles gustou o espectáculo aos nosos alumnos e alumnas de primaria!!!!!!!O pasado venres 16 de marzo realizamos o transplante dos nosos carballos a uns recipientes máis grandes xa que, debido a este tempo de sequía, non os puidemos plantar no monte. Os recipientes foron traídos da casa polos nosos alumnos e alumnas que, como bos ecoloxistas, procuraron materiais de refugallo como caldeiros e macetas vellas. Tamén levamos a cabo a plantación de catro preciosos acivros cedidos xenerosamente pola Asociación de Comerciantes do Concello de Padrón.
Coma sempre as nosas fotos na galería en "PLANTACIÓN DE ACIVROS".
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |