O alumnado da ESO foi de excursión polas brañas acompañado por Manuel Baleirón, un gran coñecedor da flora e da fauna do lugar
Na imaxe, Manuel Baleirón dando explicacións sobre o entorno das brañas
Máis arquivos en "Galería", "As Brañas"
O alumnado da ESO foi de excursión polas brañas acompañado por Manuel Baleirón, un gran coñecedor da flora e da fauna do lugar
Na imaxe, Manuel Baleirón dando explicacións sobre o entorno das brañas
Máis arquivos en "Galería", "As Brañas"
O exame de recuperación de Tecnoloxía de 2º de ESO queda aprazado para o martes día 28 de maio.
Grazas
Os maiores compartiron co alumnado un relato da súa mocidade, e o alumnado reflexionou sobre a xuventude actual, as diferenzas e similitudes cos tempos dos seus avós
O acto finalizou cun pequeno debate para compartir opinións sobre o estado actual da mocidade
Máis fotos en "Galería", "Encontros"
O venres 10 de maio, o alumnado da ESO enfrentouse ás augas bravas do río Ulla
¡Aquí tedes unha imaxe dos intrépidos aventureiros!
Máis fotos en "Galería", "Rafting"
O 60% do profesorado exerceu o seu dereito á folga e o 88% do alumnado non acudiu ao centro
Aspecto que presentaba a maioría das aulas o xoves 9 de maio
O alumnado de Educación Primaria disfrutou dun día espléndido polas Brañas de Laíño o pasado venres
Máis fotos en "Primaria", 3º ciclo
AS MANUALIDADES FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS DE PRIMARIA E 3º PDC SERÁN POSTAS Á VENDA NA FEIRA DA PRIMAVEIRA NA RÚA DE SAN PEDRO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) QUE SE VAI CELEBRAR O VINDEIRO SÁBADO DÍA 4 DE MAIO.
OS ENCARGADOS DE VENDELAS SERÁN OS RESPONSABLES E VOLUNTARIOS DO “REFUXIO DO BANDO” E OS CARTOS RECADADOS ADICARANSE ÁS NECESIDADES DOS ANIMAIS DO PROPIO REFUXIO.
ADEMAIS DESTE MERCADIÑO SOLIDARIO HABERÁ A TRADICIONAL FEIRA ARTESANAL E DISTINTAS ACTIVIDADES FESTIVAS EN TORNO AOS MAIOS.
O HORARIO DO MERCADIÑO SERÁ DE 12:00 A 21:00 HORAS.
PASÁDEVOS E DESFRUTADE!!!
Por mor da festividade do primeiro de maio, as clases de reforzo de secundaria do mércores día 1 pasarán a ser impartidas o venres 3 en horario de 16:00 a 18:00 horas.
Grazas
O luns 22 de abril, o centro contou coa presenza de Xosé Neira Vilas co motivo da clausura da exposición adicada ás "Memorias dun neno labrego". Trala súa intervención, o alumnado tivo a oportunidade de formularlle algunhas preguntas.
O acto contou coa presenza do alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín (á esquerda do escritor), así como do Secretario Xeral de Política Lingüística (á esquerda do alcalde), Valentín García. Á dereita do autor, o director do centro Rafael Ruanova.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |