Celebración do Día da Muller: 8 de marzo.

No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón celebramos o Día da Muller.
En Primaria falamos e reflexionamos nas titorías, e debuxamos e escribimos, sobre algunha das nosas mulleres favoritas, ás que homenaxeamos este día, pero tamén o resto do curso coa exposición que podedes ver no cole.
O alumnado de Secundaria e o resto da comunidade educativa faremos esta homenaxe cunha exposición fotográfica, que por suposto, está aberta a novas achegas.
Gracias a todxs pola participación!

 

Aquí tedes o enlace ás fotos e o vídeo da actividade do Concello na que participou o alumnado da ESO e o CRA. 

8 DE MARZO

Desde a Biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, propoñemos esta actividade ao alumnado de ESO, profes e comunidade educativa, co fin de facer unha exposición conxunta para celebrar o 8M. As fotos poderán entregarse no correo electrónico da biblioteca que aparece no cartel. Animádevos!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA INTERXERANDO 2023

Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:

  • 1º PREMIO: “Vórtice xeracional”.Xián Rial Figueira, 4º  
  • 2º PREMIO:“Simetría ancestral” . Manuel Boullón Pérez 3º         
  • 3º PREMIO: “Escala familiar” Mateo Tourís Abuín 2º 

 

Parabéns aos premiados.

Aquí tedes todas as fotos presentadas.

Día de Rosalía

Onte todo o día, foi DÍA DE ROSALÍA. 

Por iso, tocou encher a casiña que lle temos no cole de Pensamentos: pensamentos-plantas, cuxas flores sabemos que eran as favoritas da escritora e que foron feitas á man nas aulas; e pensamentos-poemas, isto é, algúns dos versos coas máis profundas e lúcidas reflexións da poeta. 

 

Aquí tedes a ligazón á actividade no facebook.

 

 

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido, en colaboración co CRA de Dodro, visitando o Centro de Día do concello. Á volta tivemos a posibilidade de compartir coas familias unha degustación dos postres típicos desta celebración. Queremos agradecer o compromiso e a participación das familias na preparación destes doces. 

Aquí tedes dous enlaces cos videos e fotos das actividades. 

Enlace 1

Enlace 2

SAÍDA A SANTIAGO 5º E 6º PRIMARIA

 
O pasado xoves día 2 de febreiro o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de viaxar ata Santiago para gozar dunha mañá diferente. En primeiro lugar, dirixíronse ata o Auditorio Abanca, para ver a obra teatral en inglés "What's a monster". Despois, merendaron nas escaleiras da Praza da Quintana, e, finalmente, aprenderon un pouco máis sobre a historia da Catedral de Santiago grazas a Lola, profesora da Facultade de Xeografía e Historia e especialista en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que nos acompañou durante boa parte da xornada. A verdade é que foi un día moi completo que nos deixou a todos e todas con ganas de máis.
 
No seguinte enlace podedes ver o vídeo da saída.
 
 
 

  

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ.

 
Hoxe, luns 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz coa interpretación da canción Aquarela do compositor brasileño Toquinho, nunha versión multilingüe e inclusiva coa proxección da letra de dita canción en Lengua se Signos Española (LSE) e pictogramas de ARASAAC.
 
 
 
Aquí tedes o vídeo da actividade. No Facebook do colexio tedes máis información e vídeos do acto. 

FESTIVAL DE NADAL

A celebración do festival de Nadal deste ano resultou marabillosa. Tivemos con nós a alumnado e familias do CRA e unhas actuacións dignas de mención.

 

Co fin das clases, o alumnado de 5º de Educación Primaria  dá por finalizado o traballo arredor da obra teatral “Conto de Nadal” traballada durante máis dun mes. Foi un proceso moi interesente e enriquecedor para todos e todas. Nun inicio comezamos a repartir os papeis e a ler o guión na aula, trantando de mellor a entonación para que se axustase ao máximo a cada personaxe. Despois comezamos a interpretalo de pe na aula, para finalmente, o 12 de decembro iniciarnos cos ensaios diarios no escenario central. Pouco a pouco foi mellorando o dominio do guión, a escenografía foi variando ata parecerse cada vez máis ao resultado final, aparecendo o mobiliario e os decorados. Foi un proceso longo pero que o alumnado de 5º soubo aproveitar.  

Sen a axuda do profesorado e especialmente da mestra de música Carolina, nada sería posible. 

O camiño da nosa compañía teatral de 5º acaba de comezar,mais, que será o seguinte?....

O resto do alumnado e profesorado tamén traballou arreo para que puideramos ofrecer á nosa comunidade educativa un festival co que poder desfrutar despois de tanto tempo sen realizar este tipo de celebracións.

 

 

Nos enlaces deixamos, fotos e vídeos:

VÍDEOS ALUMNADO DO CRA

VÍDEOS ALUMNADO DO CPI

VÍDEO ENSAIO OBRA TEATRAL 5º

OUTROS VÍDEOS

FOTOS

VÍDEO REMATE FESTIVAL

Desexamos a toda a nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un Próspero Ano.

Powered by Drupal - Design by artinet