O alumnado de 1º realizou unhas preciosas actividades sobre o outono.
Que mellor forma de traballar o outono que degustando e facendo a nosa propia cesta de outono con froitas carnosas e secas de temporada .
Pica no ENLACE e poderás ver as fotos
O alumnado de 1º realizou unhas preciosas actividades sobre o outono.
Que mellor forma de traballar o outono que degustando e facendo a nosa propia cesta de outono con froitas carnosas e secas de temporada .
Pica no ENLACE e poderás ver as fotos
Os alumnos e alumnas de 1º de primaria sumáronse ao acto celebrado para conmemorar o día da non violencia....na sección de actividades de primaria podedes ver
algunha galería de fotos.
Como complemento ás actividades do centro sobre a violencia de xénero os departamentos de Galego e Lingua Castelá propoñen un concurso de Haikus en Secundaria.
Animádevos que haberá premios!!!
As bases foron explicadas polas correspondentes profesoras nunha reunión co alumnado na biblioteca...aquí tedes unha mostra do cartel:
O venres 25 de novembro fixemos unha actividade para concienciar ao alumnado sobre a violencia de xénero. A idea partiu dos Departamentos de Castelán e Galego de Secundaria e participou todo o alumnado do centro. Consistiu na simulación dun muro no que se escribiron as estrofas do poema do noso ex-compañeiro Carlos Negro e que leva por título "O Muro" e que foron lidas polo alumnado de 3º de ESO, para despois cubrir esas frases sexistas con pedras que reflexen os bos desexos e atitudes das novas xeracións ao respecto deste tema.
O venres día 25 de novembro o alumnado do CRA visitou a biblioteca do noso centro. Ademais dunha explicación sobre como é a mesma, desfrutaron dun conto lido e representado por alumnos e alumnas de 3º de ESO...depois poideron examinar os libros infantís e facer unha actividade manual que consistiu na elaboración dun marcapáxinas.
A experiencia foi moi satisfactoria e esperamos que se repita.
Para conmemorar a semana contra a violencia de xénero O EQUIPO TÉCNICO DO PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO impartiu charlas sobre o tema para o alumnado de 3º e 4º de ESO dentro dun programa que leva por título "Suprime o control". Estas charlas terán continuidade no 2º e 3º trimestre.
O alumnado de primaria realizou, o xoves día 10 de novembro, unha saída didáctica organizada polo departamento de Educación Física que consistiu nunha actividade na piscina de Rianxo que non só contou con baño e actividade física (creo que algún/a moveu moito o esqueleto nas clases de Zumba) senon con visita ás instalacións da piscina. Os monitores/as foron encantadores polo que damos as grazas de corazón. Está previsto que veñan ao centro facer recreos saudables para este mesmo alumnado.
Aproveitando que estaban nesta preciosa vila visitaron tamén a Aula Activa, o Museo do Mar e a casa de manuel Antonio.
No ENLACE tedes unha pequena galería de fotos epicando en PRIMARIA accededes á páxina do cole onde tedes máis información sobre a actividade.
O venres día 28 de outubro celebramos o Samaín, o magosto e halloween....houbo de todo: lectura de contos de medo, obra de teatro, exposición de cabazas, concurso de contos de misterio con premios incluídos (os premios tamén foron un misterio xa que non nolos ensinaron...sospeitamos que foron libros e cómics)....
As fotos poderedes velas nos enlaces adxuntos: enlace1 e enlace2
Grazas a todos por colaborar !!!!!
TRES CANCIÑOS DE RAZA PEQUENA PRECISAN FAMILIAS DE ADOPCIÓN. É MOI URXENTE. SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO PODE CONTACTAR A TRAVÉS DO NÚMERO DO COLEXIO 881867041.
SER SOLIDARIOS NON IMPLICA TER QUE ADOPTAR, TODOS PODEMOS AXUDAR SIMPLEMENTE COMPARTINDO ESTA INFORMACIÓN.
Poñeremos fotos en breve.
Grazas pola posa colaboración
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |