HORARIO DO CPI

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE XULLO SERÁ DE 10.00 a 13:00 HORAS.

GRAZAS E UN SAÚDO

LISTADOS FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2017-18

 

OS LISTADOS  DE FONDO DE LIBROS DE TEXTO PODERÁN SER TAMÉN CONSULTADO NOS LISTADOS EXPOSTOS NA ENTRADA DA CONSERXERÍA.

LISTADO DEFINITIVO ADMITIDOS PRIMARIA

 

LISTADO PROVISIONAL EXCLUÍDOS PRIMARIA

LISTADO PROVISIONAL ADMITIDOS SECUNDARIA

LISTADO PROVISIONAL EXCLUÍDOS SECUNDARIA

 

 

O LISTADO DEFINITIVO PARA SECUNDARIA PUBLICARASE EN SETEMBRO.

OS CHEQUES PARA MATERIAL ESCOLAR, TANTO PARA PRIMARIA COMO PARA SECUNDARIA, SERÁN ENTREGADOS EN SETEMBRO..

 

CALENDARIO DE EXAMES setembro 2017

No ENLACE tedes acceso ao calendario de exames de setembro correspondentes ao curso 2016-17

MANGUIN DO GALEGO

IMAXINA ....que espertases o día de mañá e NINGUÉN ao teu redor falase galego.....

O vídeo realizado pola coordinadora de Normalización Lingüística co alumnado de primaria.

ENLACE AO VÍDEO

 

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

SECUNDARIA:

Notificamos que o día 28 realizarase a entrega de notas ás 10:00   e que o periodo de reclamacións comprenderá os días 28,29 e 30 de xuño en horario de 10:00 a 13:00  e que se lles facilitará un calendario de exames de setembro co boletín que tamén será publicado na web do centro.

Todo o alumnado  deberá devolver os libros de texto que lle foron prestados e que non precise para os exames de setembro antes do 30 de xuño (o de Tecnoloxía tamén). Deberán ademais ser entregados aqueles libros da biblioteca que non foran devoltos no seu prazo.

PRIMARIA:

Notificamos que o día 23 rematan as clases ás 12.30 e que todo o alumnado de primaria  deberá devolver os libros de texto que lle foron prestados no fondo de libros, e aqueles libros da biblioteca que non foran devoltos no seu prazo.

 

Tamén recordamos que o prazo, tanto para primaria como para secundaria, para solicitar as axudas de libros e material escolar remata o venres día 23 de xuño.

Grazas e que teñan un bo verán

 

VÍDEO DE 3º DE ESO

 

 

O alumnado de 3° de Eso realizou este terrorífico vídeo coa temática do ProXecto de Centro que este curso leva por título "O misterio e o medo". Forma parte dunha actividade interdisciplinar dos departamentos de música e plástica e coa colaboración do departamento de lingua galega.

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

 

ENLACE AO VÍDEO

ENLACE A NOVAS NOS XORNAIS

PREMIO OLLOBOI 2017

NORABOA AOS NOSOS ALUMNOS DE 4º DE ESO GAÑADORES DO PREMIO ZAMBURRIOI DO CERTAME DE PREMIOS OLLOBOI DESTE ANO....que aínda que ten un nome extraño significa o PREMIO AO GAÑADOR ABSOLUTO.

NORABOA TAMÉN AO PROFESORADO PARTICIPANTE: PROFES DE GALEGO; MÚSICA E DEBUXO.

BRAVO!!!!!!

CIENCIA DIVERTIDA

 

 

 

No adxunto vos queda un resumo do curso de Ciencia Divertida organizado pola ANPA e  impartido por Arenaria Coordinación ao longo do 2016-17 

 

 

 

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

O martes 6 e o mércores 7 de xuño o alumnado de 5º e 6º disfrutamos dunha sesión de iniciación ao piragüismo en colaboración co clube As Torres Romería Vikinga de Catoira. Tivemos un tempo excelente e, ademáis de facer deporte, pasámolo xenial en contacto coa natureza.

 

 

 

 

Agradecemos aos monitores: Iago, Álex e Imanol; e a á directiva do clube o esforzo e a atención recibidos. Foi unha xornada  de aprendizaxe lúdica, quedamos con gañas de volver.

Non esquezades que o 1 de xullo comeza o curso de verán para todos aqueles que queiran continuar disfrutando do río, a natureza e o deporte.

Powered by Drupal - Design by artinet