CLUB DE DEBATE

O noso Club de Debate acadou o pasado día 5 de maio outra victoria en Ferrol, na fase final. Quedaron de terceiros pero fixérono coma para o primeiro posto. NORABOA GRANDES!!!!!

Noraboa tamén aos outros centros participantes!!.

Para o ano máis.


SAÍDA AO BOSQUE DE RIDIMOAS E RIBADAVIA

O xoves día 3 de maio o alumnado de ESO fixo unha viaxe ao Concello de Beade para visitar o Bosque de Ridimoas. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais e guiada por persoal do Concello. 

Pola tarde achegáronse a Ribadavia para desfrutar dunha ginkana cultural organizada polo profesor de Xeografía e Historia.

MÁIS FOTOS NO ENLACE

DÍA DO LIBRO

 

O pasado día 23 de abril celebramos o Día do Libro realizando varias actividades. A elaboración de lemas relacionados con ilustracións e que falasen do gusto pola lectura e a recollida de "Libros sen Volta" na biblioteca foron as máis destacadas.

"Os libros son as portas que nos levan a topar outros camiños". Este foi un dos lemas que crearon as alumnas e alumnos de todos os cursos para acompañar as imaxes de animación á lectura coas que estiveron traballando. O 23 de abril, día do libro, expuxéronos diante dos seus compañeiros e creamos un mural con todos os traballos. A continuación,  puideron escoller un libro como agasallo na biblioteca.

  

"Descubrindo a biblioteca". Na semana do libro os cursos de 3º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO acudiron á biblioteca a realizar a actividade: "O misterio dos libros agochados". Alí participaron nun xogo de pistas co fin de atopar varias obras na biblio. Pescudaron información a través de Internet, recitaron poesías, coñeceron novos autores e libros e aprenderon a consultar materiais nunha biblioteca. Agardámolos por aquí novamente!.

 

 

Tamén queremos dar as grazas ao alumnado de Secundaria que está a actuar de axudante nas actividades da biblioteca. Grazas rapaces!!!

 

No ENLACE podedes ver algunhas fotos.

SEMENTAMOS LANDRAS

O alumnado de 2º de Primaria realizou un elaborado vídeo sobre o proceso de prantación de landras.

No enlace podedes desfrutar desta actividade que forma parte do Proxecto de Centro do noso cole.

Esperamos que vos guste!

https://www.youtube.com/watch?v=_LPim5FBu98

 

PLANTAMOS

Onte, por fin, chegou o gran día. Saímos a fóra a plantar no noso horto. Facía moito calor!! pero os bos labregos sopórtano con estoicidade.

 

 

 

 

Tamén sementamos tirabeques 

 

E puxemos unha "leira" de millo moi especial

 

Velaquí o flamante equipo de 6º despois da plantación

 

Agora queda aínda moito traballo: regar, eliminar malas herbas, controlar plagas,... A tarefa é dura, pero moi gratificante!!

 

PREPARAMOS A TERRA

Por fin chegounos a terra! Aproveitamos que vai bo tempo para preparar a plantación.

Primeiro sacamos as pedras que traía polo medio. Había moooooooitas!!

Despois botamos o esterco que, moi amablemente, nos cedeu o avó do compañeiro Eloy de 6º. Cheiraba un pouco, pero todo sexa polo ben da terra.

Removemos moi ben e agora agardaremos uns días para transplantar.

Que continúe o bo tempo!!

  Velaquí o alumnado de 5º e 6º en plenos labores agrícolas:

 

 

 

 

E aquí @s compañeir@s de 3º realizando o mesmo labor:

 

 

 

 

CORRECÁN SOLIDARIO

INFORMACIÓN PARA OS INTERESADOS: Está convocada a terceira edición do CORRECÁN SOLIDARIO organizado pola Asociación Canina Cancoruña. asociación sen ánimo de lucro que loita pola integración cíivica dos cans na cidade, a tenencia responsable e a protección e fomento de adopción de animais de compañía.

O CORRECÁN SOLIDARIO celebrarase domingo 20 de mayo e o percorrido será o mesmo da edición anterior:  Paseo Marítimo de Riazor e Orzán con saída e meta no Pazo Municipal dos Deportes de A Coruña coa seguinte planificación:

 

·         Circuito no  que o participante poida correr ou camiñar co seu can.

·         Venda de dorsais a un prezo simbólico que se utilizará ao 100% como donativo ás protectoras que formen parte do evento.

·         Contar cun pequeno avituallamento por participante (bebida, froita ou barriña enerxética).

·         Ter stands montados polas protectoras para a difusión da súa actividade. Incluso poderían levar algún can do seu refuxio ao que lle estean procurando un fogar.

·         Outorgar algún tipo de premio que non favoreza a competitividade.

·         Dar bastante peso aos sorteos de agasallos entre as persoas participantes.

·         Intentar acadar afluencia de público interesado en colaborar  nesta labor de difusión da adopción animal: a través da publicidade, a participación de empresas colaboradoras, a presenza dalgún personaxe coñecido...

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

 

Máis información nos arquivos adxuntos.


VISITA DE FRAN GODÓN

Na tarde de onte, día 11 de abril, os do "Galiñeiro de 2°ESO" tivemos a inmensa sorte e o pracer de contar no noso ensaio teatreiro co director e actor Fran Godón, que nos ensinou un montón de técnicas para traballar a voz e a expresión corporal. A ver se somos quen de aplicalas o 7 de maio no Teatro Principal (lembrade: ás 12.30. Non faltedes)

Moitas grazas, Fran. Volve cando queiras!
 
 

CLUB DE DEBATE

FANTÁSTICA ACTUACIÓN DO NOSO ALUMNADO NA PRIMEIRA FASE DO CLUB DE DEBATE!!!!

GAÑADORES DO 1º PREMIO!!! NORABOA MAGNÍFICO ALUMNADO E NORABOA PROFESORAS!!!

O alumnado de 3º e 4º de ESO participante no Club de Debate resultou gañador da Fase de Zona de Pontevedra que se celebrou esta fin de semana en Rianxo polo que participará na fase final o día 5 de maio en Ferrol!!. Moita sorte e a seguir traballando, fenómenos!!!

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celebrouse no noso centro o Día da Poesía. Ese día leuse moita poesía na nosa biblioteca! O alumnado de 1º de ESO convocou ás rapazas e rapaces de primaria na hora do recreo para recitarlles poemas que escolleran previamente na clase. Que mellor que compartir versos para celebrar o Día Mundial da Poesía!

 

Powered by Drupal - Design by artinet