A RECOMPENSA

Todo traballo ten a súa recompensa.

Velaquí a nosa:

O venres saímos á nosa horta a facer a colleita.

Apañamos rabaniños, cebolas, leitugas, chícharos, tirabeques,...

  

 

 

Con todo o que recollemos, e algo máis que mercamos, preparamos ensaladas, humus, amorodos con iogur e augas saborizadas coas herbas aromáticas que nós mesmos sementamos.

 

 

Houbo que lavar, pelar, cortar, relar, aliñar,...

e despois de todo o traballo demos paso á degustación:

 

 

 Deixamos as culleriñas e os recipientes ben lambidiños, pois estaba todo moi rico. Como di Carlos Arguiñano: "rico e con fundamento"

 

 E para finalizar recollemos, lavamos e secamos todo moi ben.

 Quedounos a satisfacción do traballo BEN FEITO!

Como eu digo: "FACEMOS UN BO EQUIPO!"

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O VI Concurso de Fotografía Matemática deixa este curso 2017-18 tres gañadoras.

O 1º premio foi para Tatiana Rial de 2º de ESO:

TÍTULO: LOS PIÑONES DE FIBONACCI

O segundo premio recaeu na alumna de 4º de ESO Jennifer Varela coa fotografía titulada f(x)= SQRT (x-5):

TÍTULO: f(x)= SQRT(X-5)

O terceiro premio foi para Xiana Collazo de 4º de ESO coa fotografía Asimetría de H2O:

TÍTULO: Asimetría de H2O

NORABOA RAPAZAS!!!

Momento en que as tres gañadoras reciben os premios

5º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe si!!!!. Aquí temos ao alumnado de 5º na súa experiencia co remo...

Primeiro visitamos as instalacións :

 

 

Vimos os diferentes tipos de embarcacións 

Velaquí o grupo listo para a actividade 

As primeiras nocións sobre o deporte: como collemos e manexamos a pá. 

Expertos non, pero cáseque. Mirade que ben posamos para a foto.

 E despois da ducha e a merecida merenda, rematamos cun bonito paseo ata as Torres.

 Reiteramos o noso agradecemeto ao clube As Torres Romería Vikinga de Catoira por ofrecernos a posibilidade de disfrutar desta magnífica experiencia. 

E lembrade que os que queirades practicar este deporte non tendes máis que poñervos en contacto co clube. Estanvos agardando!

6º PRACTICA PIRAGÜISMO

 Hoxe fomos ao río Ulla co clube As Torres de Catoira para unha toma de contacto cun deporte acuático: o piragüismo.

 

 

 

Foi unha xornada agradable disfrutando do deporte ao aire libre.

 

E ata nos deu tempo de facer un pequeno paseo ata as Torres.

 

Finalmente fixemos unha foto en plan "Vikingo" cos drakkar de fondo

 

Pasámolo moi ben! Agradecemos ao clube a súa disponibilidade.

Mañá volveremos co alumnado de 5º.

LECTURAS PARA O VERÁN

O verán pode ser un momento no que ter tempo para adicarlle á lectura. No enlace quedan as propostas do Equipo da Biblioteca para este verán:

https://drive.google.com/file/d/1LGebapaL5byY_VnMoxg7oMEkYbih95YW/view?usp=sharing

E lembra que se ti les, eles len!!

CALENDARIO ESCOLAR 2018-19

NO ENLACE PODEREDES ACCEDER AO CALENDARIO ESCOLAR  PARA O VINDEIRO CURSO 2018-19:

CALENDARIO ESCOLAR 2018-19

CONTINUAMOS A COLLEITA

O que sementa, recolle.

A nosa horta continúa producindo a bo ritmo. Esta chuvia que cae "veu coma auga de maio" e nunca mellor dito.

 

 

 

 

 

 

Os rabaniños, os tirabeques, a leituga,... xa nos tarda a hora de preparar a ensalada!

GAÑADORES

 

O noso centro acadou catro premios no certame celebrado o pasado venres en Silleda VIDEOGHIT 2018 nas categorías de Mellor Videoghit, Mellor Vestiario e Decoración polo vídeo "Benvidos ao Mundo da Legoña", Mellor Interpretación Vocal e Mellor Actor por "Piñeiros no xardín"

NORABOA AO ALUMNADO E TAMÉN AO PROFESORADO IMPLICADO!!. MOI BO TRABALLO!!!

 

ENLACE Á NOVA

 

FROITOS

Na nosa horta empezamos a ver os primeiros froitos: 

 

Os garavanzos xa asoman...

 

Poderemos recoller sementes de rúcula para a sementeira no ano que vén!

 

A pataca do aire xa ten pataquiñas!

 

E o noso horto vertical está espléndido! Xa temos amorodos!

 

GuayGuayGuay

CAMIÑANDO POLO MONTE

O alumnado de 4º, 5º e 6º realizamos un roteiro de sendeirismo dende o monte Treito ata o Pico Muralla e de volta por Campelo e Bustelo.

Visitamos a subestación do parque eólico, onde uns técnicos nos explicaron brevemente como o era seu funcionamento.

 

 O inicio do percorrido no lugar do Treito:

 

 

Un alto no camiño para ver os animais

 

Disfrutando coas marabillosas vistas desde a Muralla. En primeiro plano: o vértice xeodésico, sabes para que serve?

 

Un técnico de Meteogalicia explicounos como se usan os instrumentos meteorolóxicos para medir a temperatura da terra, a humidade relativa, as precipitacións, a dirección e velocidade do vento,...

 

 

Unha paradiña no camiño para merendar e recuperar forzas.

 

Espectacular a vista das aldeas de Campelo, Bustelo e Vilar coa ría de Arousa ao fondo.

 

E, por fin, chegamos a Bustelo onde repuxemos auga e collemos o bus para voltar ao cole.

Aquí temos o percorrido realizado:

 

Foron cáseque 7km de andaina que se nos pasaron axiña. 

Disfrutamos un montón!

Powered by Drupal - Design by artinet