OBRADOIRO DE CINE

Comezamos forte!!. O día 17, o primeiro día de clase, o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu a vista dos compoñentes de GAITAFILMES que realizaron un obradoiro de cine, actividade que se inclúe dentro do proxecto de centro que este curso ten como temática, como non podía ser doutro xeito, o cine.

GALERÍA DE FOTOS

Ao longo do curso escolar iremos publicando novas con actividades relacionadas co noso proxecto anual...e outras que, aínda que non estean relacionadas con esta temáticas resultarán, estamos seguros, moi interesantes.

BENVIDOS TODOS AO NOVO CURSO NO CPI PLURILINGÚE EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN!!!

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS ESO 18-19

Premendo no ENLACE poderán acceder ás listaxes definitivas do fondo e libros para ESO para o curso 2018-19.

COMEZO DO CURSO 2018-19

A actividade no centro comezará o día 4 de setembro ( o día 3 é festivo local). As clases comezarán o día 12 para primaria e o 17 para secundaria. 

As notas dos exames de setembro serán entregadas o día 7 ás 12:00.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 2018-19

No enlace poden consultar as listaxes definitivas de fondo de libros para primaria:

LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA

Os listados definitivos para secundaria  publicaranse o día 14 de setembro. IMPORTANTE: NON MERCAR LIBROS DE TEXTO PARA A ESO ATA QUE COMECE O CURSO!!!!

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS 2018-19

Nos enlaces poderán acceder ás listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e para secundaria:

 

LISTAXE PROVISIONAL PRIMARIA

LISTAXE PROVISIONAL ESO

Terán 2 días para reclamar despois da publicación destas listaxes.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PRIMARIA E SECUNDARIA

Nos enlaces poderán consultar a relación de libros de texto para primaria e secundaria para o curso 2018-19:

LIBROS TEXTO PRIMARIA

LIBROS TEXTO SECUNDARIA

 

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2018

PREMENDO NO ENLACE PODEN ACCEDER AO CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO.

AS NOTAS SERÁN ENTREGADAS O DÍA 7 DE SETEMBRO ÁS 12:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado xoves 21 de xuño celebramos o Día de Portas Abertas no noso centro. Nesta xornada expuxemos os  proxectos realizados ao longo do cursoe relacionados co Proxecto de Centro: O Monte.

Houbo maquetas, experimentos, montes de libros, proxeccións, traballos de plástica....foi unha xornada moi interesante na que o alumnado tivo a oportunidade de mostrar os seus traballos e facer presentacións orais para o resto da comunidade educativa, antigos alumno e tamén a algúns visitantes de fóra do concello.

Rematou esta xornada cun concerto no que actuou o alumnado de secundaria interpretando diversas cancións.

 

 

Na GALERÍA DE FOTOS poderedes ver as imaxes desta xornada

 

 

DE RUTA POLAS FRAGAS DO EUME

 O martes 19 de xuño o alumnado de 4º, 5º e 6º viaxamos ata o parque natural das fragas do Eume para disfrutar dunha andaina por esta marabillosa paisaxe.

Escollemos a ruta da Ventureira, que pasa pola central hidroeléctrica.

 Levabamos un guía que nos foi explicando curiosidades sobre a flora e fauna do lugar. Sabías que neste parque natural existen 28 especies de fieitos? oito das cales están protexidas.

 Fomos camiñando por un sendeiro moi estreitiño todo pola beira do río

 Ata que chegamos ao mosteiro de Caaveiro. Como curios¡dade: noutros tempos vivían aquí os monxes, hoxe está habitado por unha colonia de morcegos de ferradura.

 Mirade que fermosa vista desde o mosteiro

E despois do esforzo sempre senta ben recuperar enerxías

 

Resumo da ruta percorrida.

 Á volta paramos un ratiño no parque do Pasatempo en Betanzos.

Pasámolo moi ben!

ROTEIRO CRUZ DO AVELÁN

Hoxe os máis pequenos do cole fixemos un roteiro polo monte da parroquia de san Xoán de Laíño.

Arrancamos na Cruz do Avelán e o primeiro que visitamos foron os petróglifos de Bouza Badín. 

Contabamos cun guía de luxo: o noso veciño Xoán que nos acompañou ao longo de toda a andaina e nos foi explicando moitas cousas que non sabiamos sobre o noso patrimonio.

Desde aquí facémoslle chegar o noso agradecemento.

 

 En ningún momento perdemos folgos, camiñamos moito observando as diferentes especies vexetais e algún animaliño...

 O percorrido foi longo.

 

 Aquí estamos co río Ulla ao fondo despois de ver a aldea de Bexo.

No Castro de Bexo fixemos unha parada para merendar e recuperar folgos.

 Aquí estamos vendo o Pozo do Ouro. Sabías que hai unha lenda sobre este lugar? A nós contóunola Xoán.

 E aquí atopámonos na Eira dos Mouros, onde non medraba vexetación debido ao sangue derramado neste lugar polos mouros noutros tempos... Fixádevos que fermosa vista da ría de Arousa se ve ao fondo.

 Desde o monte Carboeiro vimos as aldeas de Teaio, O Vilar e A Devesa. Ao fondo vemos a serra do Barbanza co pico Muralla

 E cando demos chegado de volta á Cruz do Avelán despois de percorrer 8km. aínda nos quedaron folgos para xogar no parque e practicar acrobacias.

 

 

Déixovos unha captura de pantalla co resumo do roteiro, para que vexades o fortes que somos.

E velaquí o equipo que fixo posible esta andaina, falta Xoán na foto. 

Xa estamos pensando en organizar a seguinte!

Powered by Drupal - Design by artinet