LIBRO DE PACO LOCO

Onte recibimos o libro de Paco Loco  que leva por título " Loco. Cómo no llevar un estudio de grabación". O libro está adicado ao alumnado do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Graciñas Paco!!!!. Cando queiras invitámosche a vir darnos unha das túas interesantes charlas!!!

SAÍDA 3º e 4º de ESO

O martes 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha saída ao Plató 1000, á Alameda en santiago de Compostela e á Cidade da Cultura.

Visitaron as instalacións da TVG, no Plató 1000 para acadar información xa que dentro do proxecto de centro, o alumnado de 3º terá que elaborar, en Tecnoloxía,  a maqueta dun plató de cine. Visitamos varios platós e recibimos unha moi instructiva charla sobre o proceso de grabación, edición e producción dos programas que se fan neste centro.

 

Despois nos desprazamos a Santiago, á Alameda para facer unha práctica de identificación de árbores e saimos pitando para o Gaiás onde puidemos desfrutar dunha visita guiada á exposición "Castelao Maxistral"...como "maxistral" foi a explicación do guía que nos trasladou á época da represión franquista e fixo un relato exquisito da relación da obra de Castelao nese momento histórico e político.


 


GALERÍA DE FOTOS

 

 

ABANDONO

Estes oito cachorros foron atopados a mañá do domingo 11 de novembro en Padrón. Van pasar unha semana en casas de acollida pero é moi urxente atopar donos para eles. Por favor, pregamos máxima difusión e instamos á cidadanía a colaborar coa garda civil en caso de ter información de quen puido telos abandonado. Poden contactar con nós no 881 867041. Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!

 

SAÍDA DE 5º e 6º DE PRIMARIA

Ás mozas e mozos de 5º e 6º non nos arrepía o mal tempo, por iso partimos cara a Compostela para gozar da obra "De los cuentos a las cuentas" no auditorio da sala Abanca, puidemos reflexionar sobre a importancia dos bens materiais e dos proxectos e soños persoais.Para rematar a mañá e combater a choiva, achegámonos á Cidade da Cultura para desfrutar da exposición "Castelao Maxistral" observando viñetas e debuxos do noso prezado Castelao e sentindo emoción ante o considerado guernica galego "A derradeira lección do mestre"...

 

SAMAGOSTO 2018

 

 

Hoxe celebramos o "SAMAGOSTO" con películas, historias  terroríficas narradas no noso cemiterio particular, concurso de epitafios e entrega de premios aos gañadores ( as votacións xa están dentro do Peto das Ánimas..a sorte está botada!) e remataremos a nosa horripilante actividade facendo xogos e  comendo castañas.

Aquí tedes unha mostra das lápidas elaboradas polo alumnado ...

 

Tamén o laborioso proceso de selección dos epitafios gañadores..

E do momento da proxección das películas....

"Cinema Paradiso"


"La novia cadáver" en 4º,5º e 6º e "Pesadilla antes de Navidad" en 1º, 2º e 3º

Tamén a nosa biblio quixo participar deste Samaín facendo unha exposición de contos de medo...

 

Exposición de cabazas...

 

Nas imaxes poedes ver algún momento da entrega de premios...

Os premiados aos mellores epitafios foron:

Premio da Ánimas (votación do alumnado): Raúl Calvo (1º ESO)

Premios por categorías:

Aroa Dios (5º EP)

Antía Otero (1º ESO)

Sandro Antunes (3º ESO)

 

 

As histoiras de medo foron xeniais, unha foi contada por Fran, o noso profe de Bioloxía e outra polo grupo de alumnos de 2º de primaria. BRAVO ARTISTAS!!

 

Finalmente fixemos xogos e degustamos as castañas...




 

GALERÍA DE FOTOS 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana celebramos o día das bibliotecas, polo que aproveitamos para que as nosas rapazas e rapaces de 3º e 5º de primaria coñecesen a nosa máis a fondo. Ademais de realizar unha visita guiada, participaron nun xogo de pistas no que remexeron entre os libros, levaron a cabo buscas de información, leron poesía e, sobre todo, se divertiron! Como agasallo, todos recibiron un marcapáxinas e unha guía da biblioteca.


 

VOLTA CADA CURSO

O noso amigo volta cada curso. Aparece cedo, sobre as 8:30 da mañán, para recibir a ración diaria de pienso.Son varias as persoas que se encargan de darlle de comer e desparasitalo cando é preciso.

Estamos encantados de telo por aquí xa que axuda a manter as poboacións de ratos a raia e fai compañía. Haberá que poñerlle nome...


Aquí unha imaxe da "cama" que lle fixemos...non a estreou aínda ...

Ultimamente, ao noso amigo felino uniuse unha gatiña. Vén comer todos os días e durme na camiña que lles fixemos coa estrutura do ordenador..e está preñada!!.

Este é un dos problemas de non manter un control coas poboacións de gatos. ...en fin, xa veremos como solucionamos. En calquera caso, SE ALGUÉN ESTÁ INTERESADO EN ADOPTAR UN GATIÑO, ESPERAMOS FAMILIA NUMEROSA EN BREVE.

UN RECREO CON BSO

Dentro do Proxecto de Centro deste curso, "O Cine", estasea desenvolver unha actividdae, tanto en primaria como en secundaria, que consiste en poñer música de películas (no caso de secundaria escoitarana durante a garda de bus da mañán e no de primaria no recreo). Poderá ademais o alumnado participar nun concurso que terá premio, só han de adiviñar cantas máis cancións poidan identificar e anotalas nunha folla de rexistro co seu nome e apelidos.

Hoxe foi o primeiro día con recreo musical e,se observamos as fotos, dámonos de conta de que foi todo un éxito. Polo menos no patio de Primaria!

 

 

 

Que BSO escoitaremos mañá?

XOGAMOS A BALONCESTO

Hoxe, @s alumn@s de 5º e 6º estivemos con Finso e Fruqui, monitores do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures. Ao igual que o curso pasado, presentáronnos este deporte e animáronnos a practicalo con eles no seu clube.

Velaquí distintos momentos durante a sesión:

 

 

 

E agora.... TOD@S A XOGAR A BALONCESTO!!

SAMAGOSTO 2018

    Pishhht!!!....Celebraremos o "Samagosto" o mércores día 31 de outubro.....publicaremos as novas relacionadas...   

 

Powered by Drupal - Design by artinet