CHARLA OBRADOIRO PARA FAMILIAS

A ANPA de Dodro organiza, en colaboración co CAFI,  charlas obradoiro sobre condutas adictivas.

DATA: Venres 26 de Abril de 2019 ás 19:00H

LUGAR: Paxareira (Salón de Actos)

POÑENTE: Mónica González López (Licenciada en Psicología clínica. Diplomada en estudios avanzados en Psicología)

DIRIXIDA A: Familias (Pais e nenos)

UNHA MERENDA EXQUISITA

A nosa compañeira de 4º de Primaria Saleta Rivo, coa axuda da súa mamá, elaborou un pastel exquisito coas cenorias cultivadas do noso horto e unha cuberta de chocolate.

A que se vos fai a boca auga? Estaba delicioso.

Coa axuda de Xavi repartiunos un cachiño a cada un e puidemos repetir. E aínda sobrou para convidar aos compañeir@s de 5º e 6º, que quedaron con gañas de máis...

Xa sabedes, hai que sementar cenorias para elaborar estes platos tan deliciosos.

Moitas grazas a Saleta e á súa mamá polo traballo realizado, Xa nos pasaredes a receita!

CLUB DE DEBATE

 

Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO participa no Club de Debate e un ano máis chegan á final !!

 

O noso alumnado acadou o segundo premio  na fase de zona que se celebrou o venres 5 de abril en Negreira.

NORABOA RAPACES E RAPAZAS E NORABOA PROFES!!!! MOI BO TRABALLO!!!

 

 

IMOS Á PISCINA

O mércores e o xoves desta semana  tod@s @s alumn@s de Primaria asistimos a unha xornada de promoción da actividade física na piscina municipal de Rianxo.

 Simón, o técnico de mantemento, explicounos como se fan as medicións de cloro e PH, como se quenta a auga, a utilización de enerxías renovables,...

 O mércores fixo bo tempo, cos maiores fixemos un circuito fóra.

O xoves estaba a chover e montamos a actividade no pavillón polideportivo:

 

Tamén bailamos zumba con Carmen.

Despois da actividade houbo tempo para unha merenda saudable.

E por fin chegou o momento da actividade acuática.

Como non, despois de tanto exercicio... deixamos lugar á relaxación, control de emocións e respiración:

Velaquí unhas fermosas fotos do grupo de cada día.

Foron unhas xornadas proveitosas, de fomento do hábito deportivo e a vida saudables.

Agradecemos a todo o equipo da Piscina Municipal de Rianxo a atención e o bo trato recibidos. Pasámolo moi ben!

GALERÍA DE FOTOS

POSTA A PUNTO DO NOSO HORTO

Ao longo da semana fomos saíndo por grupos para poñer a punto o noso horto de cara á nova tempada.

O primeiro que fixemos foi colleitar o que tiñamos sementado durante o inverno. Apañamos unha boa morea de cenorias.

 

Despois arrancamos todas as malas herbas.

A continuación removemos ben a terra e abonamos con abono orgánico que trouxeron varios alumn@s das súas casas. 

Por último, xa coa terra preparada, plantamos o noso horto e regamos. Agora agardaremos a ver se chove, e... se non é así, pois haberá que coller a mangueira!

 

Tamén o alumnado de 1º e 2º participou nas labores de horticultura

 

GALERÍA DE FOTOS 

GALERÍA DE FOTOS 1º E 2º

IMOS DE XIRA TEATRAL

Hoxe 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 5º fomos ao Centro de Dia para representar a obriña Os cinco dedos para os nosos maiores. 

Chegamos á praza da igrexa de Laíño moi contentos.

 

 Aquí estamos entre bambalinas, preparándonos para saír a escena.

 

 E chegou o momento da representación, o público estaba moi atento e os actores un chisco nerviosos.

 

Pero fixémolo moi ben!!

 Despois da función posamos todos xuntos para unha foto de grupo.

 

 

 E tivemos tempo para compartir impresións cos nosos maiores. Mesmo había alguén que nos coñecía, pois somos veciños, e non dubidou en darnos consellos e algún recadiño.

 Nas seguintes fotos podedes ver distintos momentos compartindo impresións. A xente maior e a xente miúda, tan lonxe e tan cercanos ao mesmo tempo.

 

 

 

  Foi unha xornada deliciosa, a obriña de teatro foi a escusa perfecta para achegarnos ao Centro de Día.

Agora tócalles a eles vir ao CPI a facernos unha visita. Xa quedaron convidados!

DE NOVO "ARDEN" O NOSO PAÍS

 
 

 

O martes día 26 de marzo, con motivo do incendio que se iniciou onte no concello de Dodro  e que arrasou o concello de Rianxo, o alumnado e profesorado do centro reuniuse no exterior do recinto dende onde se podía ver a columna de fume e o monte ardendo, para colocar unha pancarta como rexeitamento ao problema dos incendios. Ao remate do acto, versos escritos polo alumnado relacionados co tema dos incendios forestais que elaboramos o curso pasado co motivo do Proxecto de Centro sobre o monte, foron lidos. Tamén colocamos eses mesmos  versos na fachada principal do edificio. Mostramos a nosa repulsa, impotencia, rabia e tristura  contra estes actos que asolan ano tras ano os montes do noso país e pedimos ás autoridades competentes que tomen medidas para que non teñamos que realizar máis actos coma este.
 

Arden as altas árbores, atardecer.

Botan berros de bruma e brasas.

Campías comestas cubertas de cinza,

Chans chorosos, cheiro a charamusca.

Días destruídos: dor, desesperanza.

Eucaliptos esfollados espallan esterilidade.

Fume funesto fumiga a fraga,

Gritos grises nas gorxas dos gorrións.

Hecatombe de hectáreas, herdo histórico.

Impotencia infestada, inútil ilusión.

Lume letal, loito da lúa,

Medo e morte manifestándose no monte.

Noite negra, neboenta e nostálxica,

Outro outono de odioso ocaso.

Piñeiros pedindo perdón polos pecados,

Queixumes queimados, queixándose quedos.

Rumorosos de ramas roídas, rabia.

Salvaxe sacrilexio sen sentido.

Tolemia, traxedia, tempo de tristura;

Utopía ultraxada ao unísono.

Vergoña. Vida que se vai co vento.

Xenocidio. Xente xemendo xustiza.

Zume zugado. Zona zero.

 

 

 

CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER

Para conmemorar o 8 de marzo, celebramos un acto no que colocamos as estrelas do noso propio Corredor da Fama. Nomes de mulleres que destacaron en diferentes ámbitos e épocas foron escritos nas "baldosas" elaboradas polo alumnado de 4º de ESO na materia de tecnoloxía, e traballados nas diferentes áreas educativas. Para lembrar o papel da muller na ciencia, música, tecnoloxía, deporte..... A todas elas, ás que xa foron, ás que son e ás que virán, NORABOA, BO TRABALLO MULLERES !!!!.

 

Ao final do acto o alumnado de 5º de primaria recitou uns versos ao ritmo da "Macarena"

Tamén o alumnado de primaria colocou unha exposición temporal cos traballos realizados para conmemorar este día tan especial. Aquí vos deixamos unha mostra:



 

 

GALERÍA DE FOTOS

 

FEIRA DO LIBRO E DO DISCO

A Asociación Cultural 25 Xastres de Monterroso celebra  a IV FEIRA DO DISCO E LIBRO GALEGO que terá lugar o sábado 16 de marzo no recinto feiral da Cúpula, nesa localidade.

Trátase dun evento no que se unen disco e libro, elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Stands para ollar, imaxinar e desfrutar e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades, en espazos integrados na feira.
 
Unha xornada cargada de actividades para que vostedes, desfruten de xeito totalmente gratuíto, á vez que desfrutar das atractivas propostas dos nosos numerosos expositores.

 

 
PROGRAMA

 

11.00h OBRADOIRO GASTROLITERARIO
Cociñando con bolboretas no bandullo.
(para nen@s de 5 a 12 anos con reserva previa)
Reservas e info 630 65 04 19 / 699 69 14 47

11.00h PRESENTACIÓN: Hotel para 
coleccionistas discretos.
con DIEGO GIRÁLDEZ, MANRIQUE FERNÁNDEZ e FRANCISCO CASTRO

11.30h PRESENTACIÓN: A gotiña viaxeira.
con TOÑO NÚÑEZ.

12.00h PRESENTACIÓN: MONSTROS 
de Chuches  Amil. 
con FRAN AMIL (Concerto para nen@s) 

12.50h PRESENTACIÓN: Chámame señora,
pero trátame coma un señor. 
con INMA LÓPEZ SILVA. 

13.30h PRESENTACIÓN MUSICAL 
do álbum "Fonsagrada". 
con Candorka Trío


16.10h PRESENTACIÓN: Colección 
Cámara Escura.
con EUTROPIO RODRÍGUEZ  aCentral Folque.

16.30h CONTACONTOS + ACTIVIDADE:
A manchas ou a raias con
ESTEFANÍA PADULLÉS.

16.45h PRESENTACIÓN: Cairón nº3.
Boletín do IEU.
con ALONSO MONTERO, DANIEL SALGADO e
FRANCISCO PARDO.

17.35h PRESENTACIÓN: Radio BuleBule. 
con PACO NOGUEIRAS (concerto para nen@s) 

18.20h PRESENTACIÓN: O puño e a letra. 
con YOLANDA CASTAÑO. 

19.15h PRESENTACIÓN MUSICAL do álbum 
13 Cancións Bonitas.
con BENXAMÍN OTERO e GERMÁN DÍAZ. 

20.00h PRESENTACIÓN: Memoria do silencio. 
con EVA MEJUTO 

20.40h PRESENTACIÓN MUSICAL do álbum 
"Evelaités".

con ZOELAS.
 
PROGRAMA COMPLETO E INFO DETALLADA DE EXPOSITORES --> https://bit.ly/2IR28tz
 
Máis info e como participar en sorteos www.facebook.com/25Xastres

 

ENTROIDO 18-19

Coma todos os cursos por estas datas celebramos o Entroido. Este ano o tema foi o cine así que houbo moita variedade de disfraces relacionados co tema: tartarugas ninja, dálmatas, personaxes de Toy Story, Xogo de Tronos, Os Incríbles,  O Señor dor Aneis, Harryt Potter e algún que outro Freddie Mercury....

 

 

 

Fixemos o pasarúas ata o Centro de Día onde tocamos e cantamos para os maiores.

Tamén nos acompañaron os pequechos do CRA, aínda que a súa temática era diferente. Eles ían de países do mundo..todos preciosos, por certo!!...e cantaron unha canción maravillosa..

Nais, pais e profes tamén se animaron cos disfraces..

 

 

 

De volta a o centro queimamos, como é tradición, o noso meco que este ano foi o Ollo de Sauron..

Ao final da mañán degustamos os exquisitos doces ( e non tan doces, que seique había boliños preñados tamén..) típicos que as familias tiveron o ánimo e a paciencia de  elaborar para nós... GRAZAS FAMILIAS!!!!!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet