LETRAS GALEGAS 18-19

Comezamos hoxe, sempre a carón da nosa porta violeta,  a celebración do Día das Letras Galegas recibindo a visita dos nosos maiores que se trasladaron dende o Centro de Día do Concello de Dodro para compartir este día con nós. Comezou a xornada co grupo de  2º de Primaria contándonos cousas moi interesantes sobre a vida de obra de Antón Fraguas. A continuación, o alumnado de  1º de Primaria recitou citas do noso refraneiro.

 

A  seguir, 3º de Primaria, leunos a Cantiga de Santo André e, seguidamente, pasaron a ilustrarnos os alumnos e alumnas de 6º de Primaria coa súa presentación sobre "Os hórreos" e de 4º de Primaria coa presentación "Os muíños", seguindo un pouco a vertente do traballo de Antón Fraguas sobre o patrimonio.

 




 

Tras interesante intervención do alumnado, demos paso ás anciás e anciáns para que nos contasen o que saben e o que viviron en relación cos hórreos e muíños. Houbo preguntas e respostas de grande interese..

 

 

Tamén houbo parte musical. Actuou un grupo de 3 alumnos de 4º que interpreton dúas pezas tradicionais e, a partir de aí os maiores coa axuda do alumnado de 5º e de todo o público cantaron cantigas de labor.

 

Rematado o acto, os maiores marcaharone nós continuamos, xa no patio de herba,  coa representación por parte de 2º de primaria do   "O casamento da pulga", unha obra preciosa que nos encantou a todos..


Por último, xa como remate, fixemos un obradoiro de baile tradicional no que participou todo o centro, profes e alumnos/as e que foi dirixido por un grupo de alumnado de ambas etapas que son bastante destros nesto da "Muiñeira"..foi unha chulada!

 

Os "profes de baile"

 

Momento do obradoiro

 

Un que quedou derreado

Pola tarde o alumnado de ESO realizou unha visita a un muíño que aínda se mantén en traballando en Teaio. Tivemos a colaboración de Isabel Sóñora e familia que nos explicaron marabillosamente todo o que hai que saber do funcionamento dos muíños hidráulicos.


Unha xornada para lembrar, na que tivemos en conta o noso patrimonio arquitectónico, as cantigas, o baile, os contos, ... entrañable a visita dos nosos maiores, e rematada con éxito coa fantástica explicación de Isabel e a posta en funcionamento do muiño de Teaio. Chapeau por tod@s.

 GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS ACTIVIDADE NO CENTRO

GALERÍA DE FOTOS SAÍDA AOS MUÍÑOS

II CERTAME DE POESÍA MATEMÁTICA

Como sabedes, o día 12 de maio celebramos o Día das Matemáticas. O luns 13 entregáronse os premios deste certame.

Este ano quixemos continuar co concurso de poesía e tivemos a satisfacción de contar coa colaboración do alumnado de 5º de Primaria, animado pola súa titora Jose que nos deleitou coa lectura das súas fantásticas creacións.  Para nós foi moi moi importante a súa participación, polo que as 11 persoas do grupo recibiron un pequeño agasallo!

FRACCIONES (Diego e Xabi)

Tres se fijó en cinco.

Cinco quería ser una fracción

le valía cinco tercios.

Pero tres no quería ser una fracción.

Cinco la amaba.

Después de mucha discusión se decidieron y fueron una suma.

Pero cinco se fijó en ocho.

Porque ocho quería ser una fracción.

Cinco ignoró a tres.

ÁNGULOS (Aroa e Carlota Blanco)

El ángulo obtuso buscaba una novia
y fue a la calle a buscar a su media.
Dando vueltas sin parar,
encontró a un ángulo al lado del mar.
“La ángulo” estaba triste sin parar
porque no tenía a nadie que la amara de verdad.

Los dos empezaron a charlar,
hasta el infinito y más allá.
El ángulo obtuso se dio cuenta
de que era su 1x1.
Los dos tuvieron un ángulo agudo.
Y vivieron felices en el libro de matemáticas.

 

 

 En Secundaria, o noso alumnado animouse a participar… aínda que case todos esgotando o límite do tempo de entrega!

E os gañadores foron:

1º premio: O EIXO DA VIDA,  Iago Abuín de 4º ESO

2º premio: O SÍMBOLO IGUAL, Sandro Antunes de 3º ESO

3º premio: SEN TÍTULO, Alejandro Abuín de 2º ESO

 

 

O nº 1, despois de investigar

descubriu que non era primo

e despois de moito cavilar

formou unha familia de non  primos

 

Decatouse da súa importancia

despois de comprobar

que todos acudían a él

para definir a súa existencia.




ALEJANDRO ABUÍN 2º ESO

 

 

O EIXO DA VIDA

 

As nosas vidas sempre foron paralelas,
por accidente convertíronse en secantes.
Logo de atoparse nun punto
decidimos continuar na mesma dirección,
coma rectas coincidentes

Os sistemas das variables das nosas vidas
deron novos resultados,
outra recta interpúxose no noso camiño.

Por este motivo,
convertímonos en dous vectores
con dirección distinta.

 

IAGO ABUÍN 4º ESO

 

 

O SÍMBOLO IGUAL



As dúas liñas do símbolo igual (=) estaba namoradas,

pero non podían acercarse,

xa que si o fixeran

deixarían de ser un símbolo matemático.

As dúas estaban tristes,

ata que un día,

un número díxolles que se transformaran nunha suma,

porque unha liña mais outra liña sería igual ao símbolo máis (+),

e así poderían estar xuntos para sempre.



SANDRO ANTUNES 3º ESO

 

 

Esperámosvos de novo para o próximo curso!

ENLACE A GALERÍA DE FOTOS E POESÍAS

 

FASE FINAL DO CLUB DE DEBATE

O sábado 11 de maio o noso grupo de alumnado do Club de Debate participou na Fase Final en Pontevedra. Fixérono xenial e acadaron o terceiro posto. Bravo Rapaces!!!!. E felicidades profes, traballáchedes un montón!!

NORABOA A TODOS !!!!!

 

 

LUIS ZAHERA

Hoxe venres recibimos a visita do actor Luis Zahera que nos deleitou contándonos a súa experiencia profesional e respostando ás preguntas do alumnado de ESO. Ao remate e como colofón final sometémolo a unha proba do "Rosco Dodro" que nos prestou o alumnado de 2º de Primaria e co que lle fixemos preguntas sobre termos relacionados co cine. Pasou a proba e sacamos unhas fotos con el.

 

Tamén recibiron a visita de Luis os alumnos e alumnas de 4º de Primaria que están a facer un traballo xenial recabando información de actores e actrices galegos, entre eles, como non, Luis Zahera...

Na nosa revista anual publicaremos as opinións do alumnado ao respecto desta charla e contaremos algunha das anécdotas vividas hoxe nesta agradable sesión.

Foi unha experiencia marabillosa que imos recordar e que lle agradecemos de corazón ao noso actor gañador dese tan merecido Premio Goya.

Noraboa polo teu éxito Luis!!

ACTIVIDADE INTERDISCIPLINAR

O xoves 9 de maio o alumnado de 1º e 2º de Primaria desenvolvemos unha actividade interdisciplinar de EF en lingua inglesa.

Coa colaboración de Merchy e Jose puxemos en práctica diferentes exercicios de ioga dirixidos por  teacher Willow, a nosa auxiliar de conversa.

Primeiro quentamos con diferentes tipos de carreira e xogos.

 

 

A continuación practicamos as diferentes posicións de ioga: the cat, the lotus flower, the cobra, the flamingo, the rock , the rainbow in the sky, the elephant,... Traballamos a coordinación corpo-mente,  con actividades para sincronizar a respiración co movemento do noso corpo e todo isto...In ENGLISH!!!

Aquí nos tendes "dándoo todo". 

 

 

 

 

Foi unha actividade divertida e proveitosa que nos gustaría volver  repetir en canto sexa posible. A seguir practicando na casa!

 

COMPAÑEIROS DE CINE

Este curso, ligado ao Proxecto de Centro, quixemos facer unha homenaxe aos nosos mellores amigos, os nosos compañeiros na vida.

Consistiu en carteis, realizados con fotos tomadas polos nosos fotógrafos preferidos (LA DIAPO FOTOGRAFÍA) e elaborados por estes mesmos fotógrafos con escenas moi famosas de películas nos que os protagonistas principais serán os nosos compañeiros de catro patas, tratando de sensibilizar e promover o amor polos animais.

A idea inicial dos carteis xurdiu do traballo do alumnado de 4º de ESO e colaboran o Departamento de Tecnoloxía e o de Matemáticas.

As nosas estrelas principais foron Gilda, Púa, Chuva, Balú e Bimba. Aquí as tedes...

 

Balú e Bimba

 

Chuva y Gilda

 

Púa

Grazas tamén a Rosalía, Isi, Cachicha e Bibiana  que nos botaron unha man traendo aos seus animaliños.

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O GALIÑEIRO ACTÚA DE NOVO

 

 

O noso Galiñeiro participou este curso nunha nova edición do Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Foi unha experiencia maravillosa que o alumnado de 3º de ESO puido compartir cos seus compañeiros de etapa ( a algunha que outra ex-profesora..). Fixérono xenial, ano a ano van millorando.

NORABOA GALIÑEIRO, SODES UNS ARTISTAS!!!!!

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha actividade que coinsistiu en que o alumnado de toda a ESO e de 6º de primaria recomendara libros de lectura aos seus compañeiros máis pequenos. Levaron libros que foron no seu momento especiais para eles, leron uns fragmentos dos mesmos e explicaron o por que desa recomendación ao alumnado de 1º, 2º, 3º , 4º e 5º de primaria.

Tamén, con motivo desta conmemoración, o alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha actividade na que nenos e nenas de 2º escribiron pequenas curtametraxes que lles relataron na biblioteca aos seus compañeiros de 1º.

GALERÍA DE FOTOS

GALERÍA DE FOTOS ACTIVIDADE DE 1º e 2º

 

CONCURSO "DODRO PARADISO"

 
 
O Departamento de Francés coa colaboración do equipo responsable da biblioteca escolar realizou unha exposición con fotogramas singulares de películas singulares para que o alumnado de todo o centro adiviñase o título das películas.
 
Os gañadores na etapa de Secundaria foron :
 
Daniel Collazo Rial  de 1º da ESO
María Rodríguez Romero de 1º da ESO
Lois Ares Tubío de 1º da ESO
 
 
NORABOA!!!!

VISITA AO MUSEO E AO CINE

O mércores día 10 de abril o alumnado de ESO e algúns profes nos desprazamos a Santiago de Compostela para realizar unha saída didáctica que consisitiu na visita ao Museo de Historia Natural e á Sala Numax.

A visita ao museo foi moi interesante e realizamos actividades relacionadas cos contidos da materia de Bioloxía nos diferentes cursos da etapa.

 

 

 

Na Sala Numax visonamos a película de nacionalidade Islandesa ,  "A Muller da Montaña", do director Benedikt Erlingsson que trata o tema do ecoloxismo e o femisnismo dun xeito pouco convencional, imaxinativo e divertido, e cunha exquisita fotografía. A película se proxecta en versión orixinal e con subtítulos en galego. Moi recomendable:

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

 

Powered by Drupal - Design by artinet