Nos enlaces poden consultar os documentos elaborados este curso relativos ao COVID.
PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID
Nos enlaces poden consultar os documentos elaborados este curso relativos ao COVID.
PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID
SEGUNDO RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, O REGRESO ÁS AULAS FARASE DE XEITO ESCALONADO PARA FACILITAR A ORGANIZACIÓN DO CENTRO.
AS DATAS DE INICIO DAS CLASES PARA ESTE CURSO 2020-2021 SERÁN AS SEGUINTES:
Etapa Primaria | Cursos | Data |
---|---|---|
1º, 2º e 3º | Día 10 de setembro | |
4º, 5º e 6º | Día 11 de setembro | |
Etapa Secundaria | Cursos | Data |
1º e 2º | Día 16 de setembro | |
3º e 4º | Día 17 de setembro |
Os horarios serán os habituais:
PRIMARIA |
De luns a xoves de 9:00 a 14:20h Os venres de 9:00 a 12:40h |
---|---|
SECUNDARIA |
De luns a venres de 9:00 a 14:20h Os mécores pola tarde, a partires de outrubro, de 15:45 a 17:35h |
Mañá luns día 7 de setembro recibirán máis información e instrucións acerca do inicio de curso.
Os boletíns de notas correspondentes á avaliación extraordinaria de setembro serán enviados o día 7 de setembro.
No ENLACE poden consultar o calendario eescolar para o curso 2020-2021
As listaxes definitivas do fondo de libros para a etapa de primaria para o curso 20-21 serán enviadas por TokApp. Poden ser consultadas no enlace que se adxunta na mensaxe..
As listaxes provisionais de admitidos no fondo de libros dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO serán enviadas por TokApp. Lembrámoslles que as reclamacións a esta listaxe poderán facelas os días 7, 8 e 9 de xullo. Nestas listaxes provisionais figura o/a alumno/a que solicitou participar no fondo de libros co número de libros que recibirá en préstamo. Nas listaxes definitivas figurará, para cada alumno, a relación de libros que lle prestará o centro (só no caso de Primaria, para a ESO haberá que esperar a setembro).
Para saber se lles corresponde o vale de material deberán achegarse ao centro e, se lles correponde, xa se lles entrega nese momento.
As familias do alumnado de 1º e 2º de Primaria deberán pasar polo centro para consultar as listaxes (tanto da axuda para libros como a axuda para material), e se lles corresponde algún vale xa se lles entrega nese momento.
O HORARIO DO CENTRO NO MES DE XULLO É DE 10:00 a 13:00. A atención será preferiblemente non presencial.
Nos enlaces poden consultar as listaxes de libros de texto para o curso 2020-2021
NO ENLACE PODEN CONSULTAR O CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO CORRESPONDENTES AO CURSO 2019-2020.
Para a realización dos exames de setembro o alumnado non contará con transporte escolar e deberá permanecer fóra do recinto do centro ata o momento de acceder á aula para realizar o/s exame/s correspondente/s.
Non se permitirá, en nengún caso, a libre circulación do alumnado polas instalacións interiores e exteriores do centro e será responsabilidae das familias que ese alumnado garde as distancias de seguridade no exterior do recinto.
Grazas pola súa colaboración.
Aquí temos por fin a revista deste curso!!!.
Este ano, debido ás circunstancias sanitarias, non se entregará en papel pero podedes igualmente desfrutala en formato dixital.
Esperamos que vos guste!!!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |