INFORMACIÓN DE INTERESE

Bo día,

 

Desde a Escola Galega de Consumo  ponse en contacto con vós para informar das actividades nas que podedes participar ao longo deste novo curso 2015/2016.

 

Actividades dirixidas ao profesorado e ao seu alumnado:

Ø  En Plan Proxecta http://www.edu.xunta.es/portal/planproxecta

-          Programa Galicons.net http://www.edu.xunta.es/portal/node/6247

-          Programa Consumópolis http://www.edu.xunta.es/portal/node/6227

 

Actividades dirixidas ao profesorado:

Ø  En Platega https://www.edu.xunta.es/platega2/login/index.php

1º trimestre:

-          Curso de Formación Inicial para a elaboración de proxectos dirixidos aos programas do Plan Proxecta Consumópolis e Galicons (G1501025)

-          Curso de Consumo e Xénero (G1501023)

2º trimestre:

-          Curso de Traballando coa Publicidade na Aula (G1501036)

3º trimestre:

-          Curso de Comercio Electrónico (G1501016)

 

Actividades dirixidas á comunidade educativa (alumnado, profesorado, ANPAS):

A Escola Galega de Consumo ten un  Programa Permanente de educación para o consumo. As actividades deste programa, en formato charla ou obradoiro, poden realizarse nas nosas instalacións (en Santiago de Compostela) ou, de xeito excepcional, novoso centro educativo.  As temáticas para traballar en función da idade do alumnado son as seguintes:

 

3 A 7 ANOS

8 a 12 ANOS

13 a 17 ANOS

18 ANOS EN DIANTE

Consumo responsable no supermercado

Consumo Responsable no supermercado

Consumo Responsable no supermercado

Consumo Responsable no supermercado

Pirámide dos alimentos

Pirámide dos alimentos

Etiquetado xeral

Etiquetado xeral

Traballando a igualdade a través da publicidade

Aprendendo a ler etiquetas

Etiquetado alimentario

Etiquetado alimentario

Xoguetes

Linguaxe publicitaria

Linguaxe Publicitaria

Alimentos funcionais

 

Xoguetes

Publicidade ilícita

Linguaxe publicitaria

 

Comercio xusto

Publicidade no punto de venta

Publicidade ilícita

 

Consumo na rede

Comercio xusto

Publicidade no punto de venda

 

Deseñando o noso videoxogo

Consumo responsable: as marcas

Comercio xusto

 

Resolución de conflitos de consumo

Consumo na rede

Consumo responsable: as marcas

 

 

Telefonía móbil

Produtos ecolóxicos e de calidade

 

 

Resolución de conflitos de consumo

Consumo na rede

 

 

 

Telefonía móbil

 

 

 

Compras en internet

 

 

 

Contratación de viaxes na rede

 

 

 

Unha viaxe segura

 

 

 

Servizos financieiros

 

 

 

Resolución de conflitos de consumo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para poder solicitalas, só tedes que cubrir a folla de inscrición que xuntamos neste correo e enviala á seguinte dirección: igc.escuela@xunta.es

 

Quedamos á vosa disposición para calquera tipo de cuestión ou dúbida. Podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico ou dos teléfonos 881999092/881999093.

 

Saúdos

 

Escola Galega de Consumo

Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 093/881 999 092

Fax: 881 999 089

e-mail: igc.escuela@xunta.es

IMPORTANTE

 

ALERTA METEOROLÓXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, no seu boletín nº 45/71GAL_C_RN_TT, e Meteogalicia, alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 16 de setembro de 2015 dende as 00.00 h ata as 15.00 h, por fortes rachas de vento que afectarán a toda a Comunidade.

Ante dita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DAS INSTALACIÓNS dos centros educativos situados nos concellos da Comunidade, con seguimento das condicións climáticas.

 

Diante da eventual extensión do adverso de rachas de vento, de acordo coa previsión de Aemet, prégase que os centros de Galicia realicen un seguimento especial das condicións meteorolóxicas dende primeira hora da mañá.

 

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as activades extraescolares.

 


 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE DODRO

Aquelas familias que queiran solicitar a axuda no Concello para material escolar deberán levar o listado de material facilitado polo titor ou titora.
Un saúdo

FONDO DE LIBROS E CHEQUES SECUNDARIA

Aberto o prazo para solicitar o fondo de libros para 2º e 4º de ESO e para solicitar os cheques para adquisición de libros de texto para 1º e 3º de ESO.

Pregámoslles entreguen as solicitudes xunto coa matrícula (data límite o día 10 de setembro).

Grazas

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

Aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar para todo o alumnado do centro.

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias, comunicamos que a entrega de notas terá lugar o vindeiro martes día 8 ás 10:0 horas e o periodo de reclamacións será do 8 ao 10 ambos incluídos.

A reunión informativa de inicio de curso coas familias será o mércores día 9 ás 20:00 horas.

As clases comezarán o xoves 10 de setembro para Primaria e o martes 15 para Secundaria, en horario de 09;00 a 14:20 cos servizos de transporte habituais. Lembrámoslles que os alumnos de Primaria sairán os venres ás 12:40 e en Secundaria as clases das tardes non comezarán ata o mes de outubro.

Esperando a súa asistencia reciban un cordial saúdo.

A Dirección do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

AXUDAS

O Ministerio de Educación convocou as bolsas para cursar os seguintes estudos:

-1º e 2º de Bacharelato
-FP de grao medio e de grao superior
-Ensinanzas artísticas
-Ensinanzas deportivas
-Estudos relixiosos
-Estudos militares
-Estudos de idiomas en Escolas Oficiais
-Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional
-Ensinanzas universitarias

Toda a información no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/2015080616754/bolsas-para-cursar-estudos-non-universitarios-e-universitarios.html

Grazas, un saúdo

CHEQUES LIBROS DE TEXTO

RECORDAMOS A AQUELAS FAMILIAS QUE AÍNDA NON RECOLLERON O CHEQUE DOS LIBROS DE TEXTO QUE O PRAZO PARA FACELO REMATA ESTE VENRES DÍA 31 DE XULLO.

GRAZAS

FONDO DE LIBROS

Publicadas as listaxes DEFINITIVAS do fondo de libros para 3º e 5º de primaria. Poderán ser consultadas na conserxería do centro durante o mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00.

Grazas

LIBROS DE TEXTO

A PARTIRES DE MAÑÁN AS FAMILIAS PODERÁN CONSULTAR OS LISTADOS DE LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA E SECUNDARIA EN "SECRETARÍA-LIBROS DE TEXTO"

POR FAVOR, ESTEAN ATENTOS ÁS NOTAS AO PÉ DALGÚN DOS LISTADOS.

GRAZAS

Powered by Drupal - Design by artinet