CANS ABANDONADOS!!!!!

Nas inmediacións do colexio vivía unha cadela abandonada con catro crías de arredor de dous meses. Visítanos a  diario, recorre o patio en busca de comida.

Conseguimos coller a un dos cachorrosque resultou ser unha femia (a que vedes na foto) e foi adoptada pola familia dunha das nosas alumnas.

 

Días máis tarde trouxeron a outro cachorro que tamén era femia e foi adoptada por unha familia de Boiro.

                     

As dúas viven felices gracias ao afecto, xenerosidade e amor polos animais das familias adoptivas. Grazas a toda esta xente!!!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet