O alumnado de Primaria ó longo deste curso académico participou un Programa Anual sobre Nutrición e Sostibilidade Infantil.
Os contidos do Programa desenvolvéronse a través de sete sesión para cada un dos niveis educativos.
Na sexta sesión o alumnado de 1º e 2º preparou hummus de garavanzos e outro de remolacha. Damos fe que lles encantou facela e degustala. Compartimos as receitas por se alguén de vós a quere probar.
Na última actividade o alumnado de 4º a 6º, desprazouse a un supermercado de Padrón e unha vez alí simulou facer unha compra saudable cunha cantidade de cartos pequena, atopando no supermercado alimentos nutritivos; desta maneira fomentouse a súa autonomía na compra.
Aquí podedes ver toda a documentación dos traballos.