Viaxe a Manzaneda

Os días 5 , 6 e 7 de xuño o alumnado de 5⁰ e 6⁰ de primaria puido desfrutar dunha excursión á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.
Nun primeiro día,despois dunha intensa viaxe desde Dodro ao noso destino, participamos de actividades de diversa índole coma tiro con arco, orientación fotográfica e xogos compartidos durante a velada. Tivemos ocasión de intercambiar conversas e xogos con alumnado doutras escolas e foi moi enriquecedor. 
Despois de coller folgos durante a noite , comezaba un novo día cunha nova actividade de orientación con balizas, un grande xogo por equipos, puxemos a proba a nosa vertixe nun percorrido de multiaventura e refrescámonos facendo uns largos na piscina. O día rematou con moito ritmo , cos nosos mellores pasos na sesión de discoteca.
Amencemos con choiva na última xornada en Manzaneda. Despois do almorzo tivemos unha sesión de xogos relacionados coa supervivencia , man a man co noso grupo tivemos que artellar o xeito de saír de complexas situacións como estar encerrados nunha cova, saír con vida dun naufraxio ... Por último xogamos en grupo no pavillón xa que a choiva non nos permitiu realizar a andaina que estaba planeada. 
Chegaba a fin dunha viaxe divertida e enriquecedora na que afianzamos os lazos de amizade e medrou a nosa autonomía.
 

  

Aquí podedes ver as fotos de cada un dos días da viaxe. 

Powered by Drupal - Design by artinet