MALTRATO ANIMAL

 

Hoxe, o noso gatiño do cole, apareceu ferido. Tiña unha pata rota e unha ferida nun ollo. Chamamos ao veterinario que veu por el e comentounos que recibira varios balinazos. Nas imaxes pódense ver os perdigóns aloxados no corpo do animaliño, de feito, un deles, xa é antigo e non se lle vai extirpar. Serán os veterinarios de Padrón os encargados de atendelo.

Xente desalmada e sen escrúpulos que cre ser superior e adícase a maltratar aos animais. A súa actuación será denunciada e esperamos que reciba unha seria sanción.

Aquí podedes ver as fotos:


 

 

O profesorado fixo unha colecta para poder asumir o custo da operación na que se procederá, de paso, a esterilizalo e, unha vez recuperado, procuraráselle unha casa de adopción para que poida pasar os anos que lle queden nun lugar seguro onde reciba cariño e os coidados que todo animal merece.

NOVAS SOBRE O TEMA:

Hoxe, día 25 de marzo, tres días despois do ataque ao noso Mon, o SEPRONA púxose en contacto co centro para abrir unha insvestigación ao respecto do acontecido. Tamén chamaron un par de persoas interesándose pola adopción do gatiño e unha máis para aportar un donativo. A esta última se lel comentpu que nós, como centro, non admitimos este tipo de doazóns pero que sí pode doar nalgún refuxio de animais que están moi necesitados.

O noso gatiño evoluciona ben. Estará hospitalizado uns días máis para ver como responde á operación e seguiremos en contacto coa clínica á espera de máis novas.

MIL GRAZAS a todas estas boas persoas que demostran unha sensibilidade e amor polos animais e tentar axudar do xeito que poden. Agradecidos todos, profesorado e alumnado.

 

MÁIS NOVAS:

O noso Mon Chéri vai evolucionando moi ben. Este venres, día 9 de abril, faranlle unha placa para saber se o óso soldou e, no caso de que así sexa, podería estar listo para marchar coa súa familia de adopción

No enlace podedes ver un vídeo da súa recuperación:

VÍDEO

ACTUALIZACIÓN DA NOVA:

A evolución do noso michiño continúa aínda que algo máis lenta do esperado. Estamos á espera de que recupere por completo e poida ser entregado á familia adoptante. Iremos informando.

NOVA ACTUALIZACIÓN :

O venres pasado visitamos ao noso Mon Chéri na clínica veterinaria. Estaba alí para facer unha revisión con radiografías da pata.  Atópase ben aínda que a fractura da patiña segue  a dar algo a lata.  Quedou, finalmente, sen vista no ollo afectado pero non chegou a perdelo.

Na foto podedes velo con cariña de sono xa que tiveron que aplicarlle unha lixeira sedación para poder manipulalo sen que sinta dor.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet