SUSPENSIÓN DAS CLASES

Segundo un comunicado emitido polo presidente da Xunta de Galicia e remitido ao centro educativo polo servizo de Inspección Educativa, as clases suspenderanse a partires do luns para todas as etapas educativas ata novo aviso. Mañá venres o centro permanecerá aberto e será decisión das familias se envían aos rapaces ou non durante esta xornada do venres. O servizo de transporte funcionará mañá de xeito normal.  As actividades extraescolares da ANPA fucionarán mañá , en principio, de xeito normal para aquel alumnado que asista ao centro.


O alumnado foi avisado de que debe levar o material escolar hoxe para a casa en previsión de que mañá xa non asista a clase. Recoméndase e prégase que o alumnado continúe coas rutinas de traballo ( os alumnos de 1º e 2º de primaria recibirán instrucións por TokApp para facer tarefas na casa e o resto do alumnado por correo eléctrónico ás súas contas do dominio cpidodro.net ou a través do Classroom). Tentaremos, na medida do posible que vaian traballando na casa ( incluso con vídeos titoriais) para non perder todos estes días. Pregamos aos pais e nais que estean pendentes de que os rapaces fagan esas tarefas e que lles insistan na necesidade de non perder o ritmo de traballo.


Tamén recomendamos que o alumnado permaneza na casa ( no ten moito sentido que non asistan aos colexios e que se congreguen en grupos grandes en sitios como parques...). É moi importante que haxa unha completa e seria concienciación de toda a sociedade para paliar os efectos que esta enfermidade poida causar.


Somos conscientes e que a situación é moi complicada para as familias pero debemos pensar na saúde de todos.

Powered by Drupal - Design by artinet