Os alumnos e alumnas de quinto de primaria fixemos uns preciosos e instrutivos murais sobre as enfermidades do aparello dixestivo.
Unha das partes traballadas foi a intolerancia ao glute e a lactosa que é un transtorno do aparello dixestivo que non permite dixerir ben os alimentos que conteñan esas dúas substancias.
Fixemos murais cunha cartulina da seguinte maneira:
Collemos revistas vellas que non usabamos e recortamos distintos alimentos que tiveran, no noso caso, glute ou lactosa menos un de cada.Logo collemos dous papeis de cor amarela e dobrámolos á metade e na portada puxemos ``A INTOLERANCIA AO GLUTE´´ e ``A INTOLERANCIA AO GLUTE ´´.
Ao redor puxemos fotos dos alimentos que recortamos das revistas e no medio puxemos as cartulinas coa información e dentro puxemos un alimento que non levara nin glute nin lactosa.
Tamén aprendemos a facer códigos QR, co cal cada grupo fixemos dous, un para cada enfermidade.
Agora se os queredes ver están de lado da clase de 5º de Educación Primaria.
Esperámosvos!!!!!