ACTIVIDADES DO CONCELLO



A OMIX Dodro organiza nas vindeiras datas un obradoiro formativo destinado a mozas/os de 14 a 16 anos para fomentar o uso responsable das "pantallas" e das redes sociais. Esta actividade é gratuíta e será impartida por profesionais dos Centros Quérote +.
Achegamos toda a información no documento adxunto e animamos ás familias a incentivar aos seus menores de cara a participación nesta actividade debido ás necesidades e desafíos que o impacto e uso das novas tecnoloxías e das redes sociais está tendo nas nosas vidas e principalmente na dun grupo tan vulnerable como os/as adolescentes.


Powered by Drupal - Design by artinet