Hoxe gozamos coa presenza no noso cole dun dos deportistas máis recoñecidos do noso Concello: o triatleta Uxío Abuin, que ademáis de contarnos a súa traxectoria e as súas experiencias por todo o mundo falounos tamén dos beneficios da práctica deportiva e animounos a correr, nadar e andar en bici TODOS OS DÍAS!
Deixámosvos o enlace á súa web onde podedes ver o palmarés, fotos, videos,... do noso atleta internacional, que leva a Dodro por todo o mundo.
Moitas grazas, Uxío, por acompañarnos e animarnos a practicar deporte.