LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS PARA ALUMNADO DE ESO CURSO 19-20

No enlace poden acceder ás listaxes definitivas do fondo de libros para alumnado de ESO. PRESTREN ATENCIÓN ÁS NOTAS EN VERMELLO!

LISTAXES DEFINITIVAS ESO

IMPORTANTE!!!!!:

O alumnado de 3º de ESO non utilizará libro de texto en Lingua Castelá pero por un erro aparece no listado de libros que lles corresponden. Por outra banda, se o desexan, o alumnado aínda que non solicitara o Fondo ou non lle corresponda, pode non comprar os libros de Matemáticas, Física e Química, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Francés xa que temos excedentes no Centro e podemos prestarllos.

O alumnado de 4º de ESO non utilizará libro de texto en Economía aínda que aparece no listado de libros que lles corresponden. Por outra banda, se o desexan, o alumnado aínda que non solicitara o Fondo ou non lle corresponda, pode non comprar os libros de Física e Química, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía xa que temos excedentes no Centro e podemos prestarllos.

 


Powered by Drupal - Design by artinet