LOITAMOS CONTRA A VELUTINA

Coma en moitas partes do noso país, en Dodro tamén temos o problema da  Vespa Velutina. Nesta época recoméndase colocar trampas para capturar ás raíñas e impedir que fagan novos niños mitigando  un pouco o efecto perxudicial que este insecto ten sobre outras especies autóctonas.

O alumnado de 1º de ESO, concienciado con este problema, construiu as trampas usando botellas de plático que serán colocadas no centro e tamén nas respectivas aldeas onde residen estes alumnos e alumnas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet