Aproveitando que o xoves nos propoñen vir ao cole de branco e negro, o alumnado de 5º e 6º queremos facer a nosa homenaxe especial a este tipo de cine.
Despois da visualización da película Le voyage dans la lune, puxémonos mans á obra para elaborar unha pantalla de cine coa imaxe emblemática deste filme.
Aquí nos tendes en plena tarefa creativa, xa vos amosaremos o resultado final.
Trátase dunha película francesa en branco e negro, muda e de ciencia ficción, rodada en 1902 por George Méliés. De feito, é a 1ª peli de ciencia ficción na historia do cine. Todo un motivo para gozar dela clicando no seguinte enlace.
Que a desfrutedes!!