EDUCANDO

A educación para evitar abandonos e maltrato aos animais é indispensable. Por este motivo, no noso centro queremos ofrecer información ao alumnado e ás familias facéndolla chegar a través da biblioteca de pais/nais  e do traballo co alumnado nas aulas. Os dous exemplares facilitados pola clínica veterinaria Sanimalia de Pontecesures que figuran nas imaxes serán os que se lles ofrecerán aos pais e nais e os que se usarán para traballar este tema co alumnado.



Powered by Drupal - Design by artinet