CURSO 2023-2024
Este curso as maquetas consisitirán en animais en 1º de ESO, un tipo de hábitat coa súa fauna e flora en 2º e unha maqueta dunha clínica veterinaria en 4º.
Deixo unhas fotos do proceso e acceso ás galerías de fotos:
No caso de 4º de ESO tamén estamos a realizar prácticas de instalacións de baixa tensión nas vivendas:
GALERÍA 2º ESO
O alumnado de 4º, como é moi apliacdo, tamén elaborou o meco que, de xeito tradicional, queimamos cada curso polo Entroido:
E tamén participou na realización das figuras dos animais para a conmemoración do Día de Rosalía:
CURSO 22-23
4º ESO
Comezamos este novo curso dedicando unas sesións a proxectos inclusivos fabricando zancos e xogos tradicionais con rodas de bicicleta para o alumnado de primaria.
Tamén realizamos unas actividades para a biblioteca que se incluirán na actuación de eduexcelencia dentro dos contratos programa:
Dentro do programa CPInnova de Contratos Programa, o alumnado de 4º de ESO está a elaborar unha serie de útiles para os usuarios do Centro de Día do concello de Dodro. Trátase de elementos como soportes para os bastóns, atrís para libros, aumentadores do mango dos cubertos de cociña, dado grande, calendario de orientación e outros relacionados coas actividades de ocio dos maiores.
Iremos actualizando a medida que vaiamos construíndo...
CURSO 21-22
2º ESO
As maquetas deste curso tiveron como temática o corpo humano co que cada grupo escolleu o tema que máis atractivo lle pareceu; uns o sistema dixestivo, outros o circulatorio, o urinario, o respiratorio, o muscular, o esquelete....todos os proxectos foron relaizados utilizando material de refugallo e contan cun motor de c.c e un mecanismo que permite mover unha parte da maqueta e dous circuitos de luces, un cun interruptor e outro con conmutadores.
3º ESO
Cos dous grupos de 3º de ESO realizamos maquetas de vivendas unifamiliares. O grupo de 3º A optou por facela en cartón e o de 3º B en madeira. O deseño das mesmas estivo determinado polas características do " propietario" xa que, como o proxecto de centro vai sobre o corpo humano, as vivendas foron deseñadas para persoas con algún tipo de discapacidade: a de 3º A sería para unha persoa invidente e a de 3º B para unah persoa con movilidade reducida.
Tamén fixemos prácticas de instalacións eléctricas en vivendas ( instalacións de baixa tensión):
4º ESO
O alumnado de 4º de ESO xa comezou a parte práctica da materia de Tecnoloxía. Pintaron paredes deterioradas do corredor de secundaria e iniciaron os traballos nunha das maquetas que van construir ao longo do curso:
Outro traballo realizado polo alumnado de 4º foi o pintado dos bancais do horto, de violeta, como non!!
O traballo de taller, as amquetas do Proxecto de Centro deste curso adicado ao corpo humano van collendo forma. O gurpo de alumnado de Tecnoloxía traballa moito e moi ben!
As maquetas representan os sistemas nervioso, linfático e reprodutor:
CURSO 20-21
O proxecto de centro, este curso, trata sobre as emocións. Aquí tedes unha mostra do traballo de taller de 2º e 3º de ESO.
2º ESO
Maquetas deseñadas polo propio alumnado que expresan diferentes emocións eque foron, coma todos os anos, construídas con material de refugallo.
GALERÍA DE FOTOS MAQUETAS DE 2º
3º ESO
O alumnado de 3º realizou un deseño de planos de vivendas que levou, a escala, á construción de maquetas de vivendas. Este curso quixemos reproducir modelos de vivendas tipo loft. Incluiron circuitos de luces e motores de corrente continua para rematar as prácticas que quedaron sen facer no último trimestre do curos pasado.....eso sí, tamén expresan emocións.
GALERÍA DE FOTOS MAQUETAS DE 3º
No terceiro trimestre, unha vez rematadas as maquetas, o alumnado de 3º de ESO realiza as prácticas de electricidade co uso de compoñentes reais instalando os elementos da acometida ( caixa xeral de proteción, contador e cadro de mando e proteción) e realizando circuitos básicos das instalacións de baixa tensión na vivenda como a instalación dun punto de luz que se encenda dende unha soa chave, dous puntos de luz que se poidan enceder dende unha chave, dende dúas e dende tres e un enchufe con toma de terra.
CURSO 18-19
Os traballos realizados este curso teñen relación co Proxecto de Centro que é sobre o cine.
2ºESO:
As maquetas que se estána realizar son escenas da película de Star Wars ( Una nueva esperanza)...agardamos que vos gusten:
3º ESO: O alumnado deste grupo realizou, coma noutros anos académicos, prácticas de electricidade con compoñentes reais, nas que instalou a caixa xeral de protección, o contador monofásico, o cadro de mandos e fixo instalacións de lámpadas que se encenden dende unha, dúas e tres chaves e enchufes con toma de terra.
Tamén elaboraron maquetas que representan platós de cine en relación ao proxecto de centro deste curso.
4º ESO: O alumnado de 4º de ESO realiza durante este curso unha maqueta dunha sala de cine. Coma sempre inclúense circuitos eléctricos, electrónicos e pneumáticos. Aquí algunhas fotos dos momentos de taller:
CURSO 17-18
Aquí deixamos unha mostra dos traballos realizados este curso no taller dentro do Proxecto de Centro " Estamos a Monte".
2º ESO:
Maquetas de partes dunha aldea sostible como muíño hidráulico, hotel, aserradoiro hidráulico, vila, parque eólico e granxa e horto. Todas elas conforman ,xuntas, unha aldea que se sustenta con produción propia e enerxías renovables e todas contan con circuitos eléctricos con interruptor e conmutadores e circuito de cambio de sentido de xiro de motor de corrente continua.
Granxa e horto
Hotel
Pobo
Parque eólico
Aserradoiro hidráulico
3º de ESO:
O traballo práctico consistiu na elaboración dos planos dunha vivenda unifamiliar básica seguindo as directrices recollidas no Proxecto Anual de Centro sobre o monte.
Realizouse ademáis a instalación eléctrica básica sobre os propios planos, e a representación sobre papel das instalacións de auga quente e fría, gas e calefacción así como a elaboración das maquetas en madeira e a escala coa distribución das estancias e mobles.
Nas imaxes podedes ver algún dos momentos nos que realizaron prácticas de electricidade nas que montaron a acometida dunha vivenda unifamiliar coa caixa xeral de protección, contador monofásico e cadro de mando e protección, así como a instalación de lámpadas que se encenden dende un, dous, e tres puntos e enchufes con toma de terra.
4º de ESO:
Maqueta dun centro de interpretación do monte de Dodro. Conta con mecanismos de motor, luces e sistema pneumático ( este último fai sair un coello dun tobo..) e paneis informativos coa fauna e flora máis representativa do monte do concello. Tamén conta cun panel de alerta de incendios forestais que indica con luz e son o risco (sen risco, risco baixo, medio e alto) de que se produza un incendio.