PRIMEIROS AUXILIOS

  Hoxe, venres 17, tivemos entre nós a José Carlos, o coordenador xefe de Protección Civil e Emerxencias da comarca do Sar.

Na aula explicounos o protocolo de actuación en caso de emerxencia: PAS

Protexer

Avisar

Socorrer 

 

 

Ademáis explicounos como debemos actuar en casos de:

-Obstrución das vías aéreas

-Problemas cardiovasculares

-Problemas respiratorios

-Queimaduras 

-Traumatismos,...

É importante lembrar que, no caso contusións ou traumatismos, debemos aplicar frío e no  caso de pequenas feridas simplemente utilizar auga ou suero fisiolóxico e ningún outro producto.

 

 

Xa no pavillón fixemos prácticas de PLS (posición lateral de seguridade) e RCP (reanimación cardiopulmonar)

 

 

 

 

Foi unha clase ben amena e distendida, na que tomamos conciencia do importante que é coñecer a maneira de actuar ante calquer emerxencia. 

Agradecemos a José Carlos que compartira connosco a súa experiencia.

Contaremos coa súa colaboración en cursos vindeiros!! 

Powered by Drupal - Design by artinet