TRABALLO INTERDISCIPLINAR

O alumnado de 2º de ESO realizou unha actividade interdisciplinar traballando contidos da materia de Tecnoloxía ( o tema da madeira en concreto), en colaboración co departamento de Matemáticas, e relacionándoos co Programa de Rede de Centros Escolares Solidarios. O traballo consistiu en deseñar unha caseta para unha cadela atopada na rúa indicando os materiais en madeira, deseño e medidas da caseta e tendo en conta as necesidades do animal.

Aquí podedes ver a actividade e unha foto dun dos traballos realizados:

TAREFA SOBRE A MADEIRA:

TECNOLOXÍA

 

Queremos resolver un problema. Temos unha cadela que recollemos na rúa e decidimos quedar con ela. Despois de levala ao veterinario e comprobar que está ben de saúde (só algo asustada) deixamos pasar uns días para que se habitúe a nós e decidimos esterilizala. Pasado un tempo prudencial dentro da casa que lle permita recuperarse, a trasladamos  á parte exterior da vivenda donde poderá circular libremente xa que a nosa parcela está cerrada.

O problema que se nos plantexa é que nunca tiveramos can e non temos un espazo para que durma polo que decidimos construirlle unha caseta.

 

Para construila debemos seguir uns pasos:

 

1º- Decidir as dimensións da mesma e forma

2º- Decidir os materias (chan, paredes e teito)...deben ser axeitados e permitir condicións óptimas de “habitabilidade”.

3º- Decidir o proceso a seguir para a súa construcción.

 

A) Procura información sobre os diferentes tipos de madeira (tanto natural como prefabricada): onde mercala, os presos, características, durabilidade, facilidade para traballar con ela…

 

B) Fai un boceto coas medidas que vai ter

 

C) Fai un esquema co proceso a levar a cabo para construila:

       

        C1) Como medir

        C2) Como marcar

        C3) Como preparala

        C4) Como unir as pezas

        C5) Posibles cabados

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet