SOLICITUDE DE COLABORACIÓN

O alumnado de 2º de ESO púxose en contacto coa Protectora de Vilagarcía de Arousa para solicitar colaboración coa mesma para levar a cabo a campaña contra o maltrato e abandono animal deste novo curso. Contactaron para ofrecer a colaboración do centro co refuxio e tamén solicitar a colaboración do persoal do mesmo co alumnado do noso centro (charlas, vistas ao refuxio..). Tamén estableceron contacto vía internet con La Diapo Fotografía solicitando orzamento e prazos para a realización das fotos do cartel  que se elabora de xeito anual dentro desta mesma campaña.

 

Momento no que un grupo de alumnos de 2º realizan a solicitude

Powered by Drupal - Design by artinet