UNHA XORNADA DEPORTIVA

Onte, xoves 10 de novembro, o alumnado de Primaria desprazouse a Rianxo para vivir unha xornada deportiva e con ambiente mariñeiro.

Achegámonos ata a piscina municipal, onde practicamos natación, deporte de sala, zumba,... e ensináronnos as instalacións e o seu funcionamento.

Foi unha mañá intensa, na que aprendemos un montón ademáis de practicar deporte.

 

  

 

 

 

Previamente tiñamos visitado a Aula Activa do Mar, o Museo do mar e a casa de Manuel Antonio.

Desde o CPI de Dodro queremos agradecer aos monitores do Concello e aos da piscina municipal o bo trato e atención recibidos. Aprendemos moito convosco.

Volveremos noutra ocasión!!

Powered by Drupal - Design by artinet