Taller de apicultura impartido por Nicolás Taracido, técnico de Medio Ambiente e fundador en Pontevedra de Apípolis, a cidade das abellas.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido coñecer o mundo das abellas, a súa organización, anécdotas e a súa importancia dentro dos ecosistemas. Na parte final degustaron os produtos que fabrican as abellas e elaboraron velas.