Aquí vos deixamos unha mostra do día de Entroido no Cole
O noso cociñeiro Pablo, acaba de gañar o Campionato Internacional de Baristas de Escolas, celebrado a pasada semana no IES de Foz. Dende o centro queremos darlle a noraboa.
FESTIVAL ENTROIDO 2023
VENRES 17 DE FEBREIRO ÁS 11:00H
Infantil: Pitufeando
1º EP: Mary Poppins
2º3º EP: Coco
4º EP: Avatar
5º EP: Familia Addams
6º EP: Brancaneves e os sete ananiños
1º ESO: 101 Dálmatas
2º ESO: Piratas del Caribe
Xuízo de entroido a cargo do alumnado da ESO
Prégase ás familias que respeten as zonas acotadas para o desfile
Recordamos co alumnado de 3º e 4º eso estará vendendo doces para financiar a excursión de fin de curso.
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DEDICADAS
Con motivo da conmemoración do 8M Día da Muller Traballadora, levarase a cabo no centro unha exposición de fotografías en homenaxe ás mulleres da contorna.
Animádevos a participar familias!!! Encheremos o cole de admiración polas nosas mulleres!!!
A exposición Hai presente de Esther López poderase visitar no centro ata o día 17 de febreiro.
A nosa antiga alumna vén de gañar varios premios polo seu traballo Engurras: O premio da Excelencia Académica da Xunta de Galicia na categoría de Artes Plásticas e Deseño, o Xurxo Lobato 2022 e a IV Edición do Manuel Ferrol de Fotografía.
En canto a convidamos a participar no proxecto Donas de Sí e de Aquí que se desenvolve no centro, e co que se trata de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres do rural, non só non o dubidou nin un instante, senón que ademais, quixo contribuir coa súa nova creación Hai presente, unha obra coa que desta volta, quixo visibilizar o arraigo da xente nova:
"Houbo quen, anos ha, quixo e fixo polas raices dunha xente que hoxe é. É arte, é traballo, é rural, é Galiza, é presente.
O futuro pode ser tan incerto como queira, pero hoxe ainda quedan quenes viven no arraigo do sitio onde naceron; facendo xerminar nesa mesma terra soños en forma de danza, debuxos, fotografias, poemas e cantares."
Xa sabedes, estades convidadas e convidados a coñecer Hai Presente, de Esther López.
MANDADOS DO MECO 2023
Rapazas e rapaces,
o Entroido está a chegar
e aquí van os mandados
que o meco quere ordenar
Luns:
Para parecer James Bond virás con gafas de sol.
Martes:
Para cociñar en Ratatouille con mandil terás que vir.
Mércores:
Se de piratas queremos falar, un sombreiro ou pano na cabeza portarás.
Xoves:
Co bigote de Charlot o xoves pasará mellor
Venres:
O venres para rematar una película coa túa clase farás.
Este ano os mandados do Meco son acumulativos
QUE BACHARELATO ESCOLLO?
Hoxe abordamos co alumando de 4º da ESO os aspectos a ter en conta á hora de escoller unha das catro modalidades posibles de BAC.
Nesta guía de BAC atoparedes familias e alumnado as claves básicas necesarias para non perdervos á hora de tomar unha decisión.
E lembrade, a escolla que fagades agora é importante, pero non é irreversible!! O sistema educativo ofrece diferentes vías e opcións para chegar á vosa meta.
E se todavía tedes dúbidas lembrade que podes pasar por Orientación os luns e os mércores no recreo, ou concertar unha cita previa se queredes vir coas vosas familias.
Do 1 ao 20 de marzo, o alumando que desexe continuar estudos no BAC deberá realizar a reserva de praza. E cando formalicedes a matrícula en xuño, será o momento de realizar a escolla de modalidade e materias.
Iremos informándovos dende o centro.
E se precisades seguir explorando un pouco mais os vosos intereses e aficións, aqui vos queda un enlace a unha páxina interactiva con 6 test de orientación vocacional para realizar dende a casa
Un ano máis o alumnado de 4º da ESO recibirá ao longo do segundo trimestre varias charlas sobre a orientación vocacional, con información específica sobre as diferentes opcións que teñen ao acadar o título (Bacharelato ou Ciclos formativos de Grado Medio).
Está previsto que o día 2 de marzo realicemos unha saída a Lugo para visitar os CIFPs Politécnico e As Mercedes, así coma o IES Muralla Romana, onde 3º e 4º ESO poderán visitar talleres e módulos, dos diferentes ciclos formativos de grado medio e superior.
E para aquel alumnado que oriente a súa formación cara o BAC e os estudos de Grao, realizarase unha charla sobre a Universidade o 19 de Abril da man dos responsables do Programa A Ponte da USC
Hoxe falamos da estrutura da Formación Profesional, organización, accesos, saídas laborais, opcións segundo a zona, test específicos que poden realizar se aínda teñen dúbidas...
Deixámosvos aquí a guía de FP para que a consultedes en familia.
A vindeira semana abordaremos o Bacharelato, e tamén vos deixaremos unha pequena guía explicativa.
Lembrade que no terceiro trimestre teremos, como tódolos anos, unha charla específica para as familias de 4º de ESO onde se explican os diferentes itinerarios, materias de BAC e características específicas dos ciclos.
Onte á tarde xuntámonos unha vez mais na Escola de pais e nais Barallando Xunt@s.
Desta vez abordouse a temática "Os riscos de internet" da man de Ramón Peña, o coordinador e responsable do Plan Director para a Convivencia na provincia de Lugo, quen nos falou dos perigos ós que estamos expostos como usuarios da rede, e especialmente aos que afectan ás nosas fillas e fillos.
Ramón incidiu na importancia de coñecer as webs, xogos ou Apps que adoitan a empregar, ensinándonos estratexias e ferramentas básicas de ciberseguridade útiles como usuarios da rede. Recomendou entre outras, o emprego de webs oficiais como a do INCIVE para consultas ou dúbidas e a App da Garda Civil AlertCops para recforzar a seguridade.
Sen dúbida unha chea de consellos importantes para poder acompañar responsablemente á rapazada no mundo dixital.
Moitas grazas a todas e todos por asistir unha vez mais!
Vémonos novamente en febreiro para falar do papel da familia na orientación vocacional das nosas crianzas!
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |