RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

Aquí vos deixamos a nosa recomendación de libros sobre educación afectivo sexual para leer en familia ou animar ás vosas fillas e fillos a facelo.

En cada unha das lupas dos libros atoparás un resumo sobre a súa temática, e as idades para ás que está recomendado.

En breve disporemos para préstamo na nosa biblio de todos os títulos, e vos animamos a compartir coas vosas crianzas a aventura de medrar!

  

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRADO MEDIO E SUPERIOR

As probas de acceso ao ciclos de grado medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título da ESO, título profesional básico ou outros estudos equivalentes, continuar a súa formación accedendo aos Ciclos de Grao Medio.

Periodo de inscrición: do 27 de xaneiro ao 10 de marzo

Celebración da proba de Grado medio: 25 de maio

Consulta aquí a información xeral (inscrición, exencións, publicación de listaxes...) e o calendario detallado das probas a Grado Medio

 

Ábrese igualmente o periodo de inscripción para as probas de acceso ao Ciclo Superior con inscrición do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro, dirixidas neste caso a aquelas persoas que non posúan o título de Bacharelato ou de técnico de formación profesional ou estudos equivalentes, e desexen acceder a un ciclo superior.

Consulta a información xeral e calendario ás probas de Grado Superior.

 

 

Obradoiro de primeiros auxilios

Estes días aprendemos como actuar nunha emerxencia grazas a María Candelaria Fraga, enfermeira de familia comunitaria, que impartiu un taller de primeiros auxilios de forma desinteresada no noso colexio. O alumnado de 5º de Primaria e 1º da ESO fixo prácticas de:

- posición lateral de seguridade,

- manobra de Heimlich,

- RCP (reanimación cardio pulmonar).

 

     

Enviamos postais de Nadal á residencia San Vitorio

Hai unhas semanas, a residencia de Campolongo (Pontevedra) lanzou unha iniciativa que se viralizou nos medios: pediron á xente que enviase postais de Nadal aos residentes para facerlles chegar un pouco de afecto e cariño nestas datas. Desde o colexio, seguimos o seu exemplo e o alumnado de Primaria enviou postais de Nadal aos maiores da residencia San Vitorio.

Este vídeo foi a súa resposta para darnos as grazas:

 

Bo Nadal

Dende a biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno desexámosvos unhas felices festas.

 

APUNTÁMONOS A NON BEBER

Neste curso, dentro do Plan Proxecta, temos un programa novo para o alumnado de 1º e 2º de ESO: APUNTÁMONOS A NON BEBER.

O obxectivo é a prevención do consumo de alcol en menores e o retraso na idade de inicio do seu consumo.

O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia. Estes riscos agrávanse cando quen consume alcohol é unha persoa menor de idade.

O alumnado recibirá 3 charlas ao ongo do curso da man de diferentes profesionais do ámbito sanitario, coa finalidade de tomar conciencia ante os riscos do alcol, así como a realización de diferentes actividades na hora de titoría.

Ao final do curso, cada grupo clase deseñará unha campaña publicitaria destinada á prevención do seu consumo, coa que participarán no concurso a nivel autonómico, na que o grupo ganador pasará un día no Parque Acuático de Cerceda. 

Hoxe o alumnado recibiu a primeira destas charlas de sensibilización a cargo de Ángel Usero, médico de Sanidade e un dos coordinadores do programa na provincia.

OS DEREITOS HUMANOS

Ao longo desta semana o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP conmemoraron o 10 de Decembro, Día dos Dereitos Humanos realizando xusto cos seus titores diversas actividades co obxectivo de que  coñezan a importancia da defensa e protección dos dereitos da infancia nas sociedades.

 

  • Primeiramente coñeceron cales son os dereitos fundamentais da infancia a través da á web da Asociación Rayuela que leva moitos anos realizando campañas de sensibilización. Comentando coa axuda dos seus profes en qué consiste cada dereito e debatendo si se cumplen ou non na realidade que eles viven, e que pasa cando non se cumplen. 

 

  • As nenas e nenos de 1º de primaria elaboraron o seu propio pasaporte de dereitos: dereito a unha identidade, unha nacionalidade, a recibir unha educación, a ter unha familia....

Esta actividade forma parte do programa do Departamento de Orientación O mundo que queremos, que ten como obxectivo sensibilizar ao alumnado sobre a realidade social, cultural e medioambiental na que medran.

IMAXE CORPORAL E AUTOESTIMA

O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu este luns unha charla sobre Imaxe Corporal e Autoestima a cargo de Xose Mosteiro, traballador social do centro Quérote + de Lugo, con quen puideron abordar diferentes aspectos claves do desenvolvemento socioafectivo na adolescencia: a importancia da autoaceptación da propia imaxe, a diversidade corporal, a necesidade do fomento da autoestima, ou cómo desenvolver o sentido crítico ante os valores estéticos imperantes.

Os centros Quérote dispoñen dun servizo gratuito e anónimo no que poderás consultar mediante Whatsapp tódalas dúbidas que teñas en relación á sexualidade, a afectividade, ou problemáticas relacionadas coa conduta alimentaria ou e as adicións.

Escanea o seguinte código QR e garda o contacto no teu móbil para consultar cando o precises.

A charla forma parte do programa de orientación O mundo que queremos, no que se traballa co alumando da ESO temáticas de interese social e de actualidade. 

 

Foto

(Imaxe do Centro Quérote + en Lugo)

DÍA DAS PERSONAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Hoxe o alumnado de primaria conmemorou o 3 de decembro, Día das persoas con discapacidade, a través da realización de lecturas compartidas. 

 

O alumnado de 6º de primaria leu ás nenas e nenos de 5 anos o conto Orellas de Bolboreta, onde Mara amosa con orgullo que é unha nena diferente.

ORELLAS DE BOLBORETA | LUISA AGUILAR | Casa del Libro

O alumnado de 5º compartiu cos nenos e nenas de 3 e 4 anos O Cazo Lorenzo, unha historia de superación na que as dificultades se transforman en oportunidades.

El cazo de Lorenzo - Editorial Juventud

 

O alumnado de 4º compartiu con 6º As visitas de Escle a Mamá, e así todos e todas puideron coñecer as trasnadas que a esclerose múltiple pode facer ás veces. 

Os nenos e nenas de 2º e 3º leron Pequeno Azul e pequeno Amarelo á clase de 1º de primaria, un conto que fala da importancia da amistade e de coidarnos os uns aos outros.  

PEQUEÑO AZUL Y PEQUEÑO AMARILLO, de leo lionni, | Comprar libro

 

Moitas grazas a tod@s!!

Powered by Drupal - Design by artinet