Hoxe o alumnado de primaria conmemorou o 3 de decembro, Día das persoas con discapacidade, a través da realización de lecturas compartidas.
O alumnado de 6º de primaria leu ás nenas e nenos de 5 anos o conto Orellas de Bolboreta, onde Mara amosa con orgullo que é unha nena diferente.
O alumnado de 5º compartiu cos nenos e nenas de 3 e 4 anos O Cazo Lorenzo, unha historia de superación na que as dificultades se transforman en oportunidades.
O alumnado de 4º compartiu con 6º As visitas de Escle a Mamá, e así todos e todas puideron coñecer as trasnadas que a esclerose múltiple pode facer ás veces.
Os nenos e nenas de 2º e 3º leron Pequeno Azul e pequeno Amarelo á clase de 1º de primaria, un conto que fala da importancia da amistade e de coidarnos os uns aos outros.