ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

 

Tu Ayuntamiento informa | Ayuntamiento de Pozuelo de Calatrava

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as vacantes ofertadas neste centro, informamos que

TODAS AS SOLICITUDES foron ADMITIDAS  e teñen garantida a RESERVA DE PRAZA para o curso 2023-2024 xa que a demanda non superou á oferta e polo tanto NON é necesario BAREMAR. 

Lembramos que o prazo de matrícula comezará o 20 de xuño de 2023.

 

Taller de robótica

O alumnado de 1º ESO participou nun taller de robótica que foi impartido por Luís Miguel Rivera López, experto universitario en deseño 3D, programación e robótica. Nesta actividade, o alumnado construíu unhas vivendas domóticas con cartón pluma e programounas con placas de Arduino.

 

 

 

NÉLIDA ZAITEGI NA ESCOLA DE NAIS E PAIS BARALLANDO XUNT@S

O vindeiro martes 21 de marzo ás 17.30 horas teremos o privilexio de ter con nós en Barallando xunt@s, a Nélida Zaitegi, recoñecida mestra e pedagoga promotora da convivencia positiva nos centros, a coeducación e a igualdade.

A súa extensa traxectoria profesional (docencia, formación docente, dirección de centros, inspectora, Presidenta do Consello Escolar de Euscadi, autora de numeros libros sobre convivencia e avaliación, vicepresidenta da asociación CONVIVES...) a converte nun referente estatal sobre Convivencia e Educación, e ainda que actualmente está xubilada, segue a compartir con familias e docentes a inquedanza pola construcción de comunidades educativas fortes, dispostas a afrontar os retos da sociedade actual.

Falará con nós sobre a ética dos coidados e a creacion de redes de axuda familiar.

Non volo podedes perder! Vémonos! 

 

 

Descarga aquí a imaxe se non podes vela correctamente

 

Máis info sobre Nélida Zaitegi:

Vídeo "Educación para a convivencia e a resolución de conflitos". BBVA Aprendemos juntos

Traxectoria profesional e obras

 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Toca no inferior da imaxe para parar o video e visionalo ao teu ritmo.

Taller de Apicultura

O educador ambiental Nicolás Taracido impartiu un taller de apicultura a todos os cursos de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

 

 


 

 

Taller de insectos

O biólogo Miguel Santamaría impartiu un taller sobre insectos aos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.

 


 


 

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS

Hoxe estivo con nós Héctor, un dos responsables do Plan Director de Convivencia Escolar, quen realizou tres charlas diferentes co alumnado do centro:

En 5º e 6º de primaria falaron do Acoso Escolar, e da importancia de aprender a resolver os conflitos dende actitudes positivas e valentes, non permitindo discriminacións de ningún tipo na nosa presenza e modificando actitudes e comportamentos que non axudan a construir a convivencia.

En 3º e 4º de ESO a charla abordou os Delitos de odio, e permitiu que o alumnado reflexionara sobre as consecuencias das actitudes homófobas e a xenofobia, e como en moitas ocasións se camuflan baixo  bromas ou desprecios cara ás minorías.

A última das charlas que recibiron ambos grupos da ESO foi sobre as adiccións sen substancia e en concreto sobre as apostas deportivas e online, unha práctica cada vez mais extendida entre a xuventude e á que non lle están a dar a gravidade real que conleva.

Escola de Nais e Pais

Para aquelas familias que non puidéstedes asistir hoxe á Escola de Nais e Pais, velaí tedes un resumo da temática de hoxe.

Lembrade que a finais de mes teremos a sorte de ter con nosco a Nélida Zaitegi, actual Presidenta do Consello Escolar de Euskadi e que nos virá a falar sobre a ética dos coidados e a creación de redes de axuda familiar.

 

Agardámosvos novamente o martes 21 de marzo!!!

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS. O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O vindeiro mércores 1 de marzo teremos outra sesión da escola de nais e pais. Desta volta falaremos sobre o papel da familia na orientación vocacional da rapazada. Abordaremos o tema dende tódalas idades e etapas educativas, xa que o proxecto de vida é un proceso continuo que non debemos limitar só aos momentos importantes e puntuais de toma de decisións académicas ou profesionais.

Falaremos de cómo potenciar habilidades e capacidades na etapa infantil. Cómo estar atentos na infancia a intereses e preferencias que amosen os pícaros. E cómo apoialos e acompañalos no momento de incertidume e toma de decisión da adolescencia.

No terceiro trimestre realizaremos unha charla específica sobre o cambio de etapa para as familias de 6º de EP e outra sobre as opcións despois da ESO para as familias de 4º de ESO.

Animádevos a participar e compartir as vosas inquedanzas e opinións!

Calendario Escola de Pais e nais curso 22-23 de Noa Varela 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet