O alumnado de Infantil a 4º de Primaria asistiu á representación dunha obra de teatro de guiñol do grupo Trécola. |
TEATRO DE MONICREQUES - 2023
BO NADAL E BOA LECTURA! (2023)
Desde o colexio desexamos que pasedes un bo Nadal: velaí vai o noso VÍDEO - POSTAL.
E tamén vos animamos a seguir lendo durante as vacacións. Mirade os libros que recomenda o equipo da biblioteca AQUÍ. |
TALLER DE ECOPERCUSIÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS
Fantástica xornada de aprendizaxe e convivencia!
Onte á tarde máis de 50 persoas puidemos desfrutar en comunidade, familas, profesorado e persoal non docente, dunha estimulante actividade de ECOPERCUSIÓN na que da man dos percusionistas Didier Díaz e Eduardo Ponce aprendemos nocións básicas sobre cómo tocar a batería, a caixa e o tambor empregando materiais de refugallo.
Mirade que ben o pasamos, e todo o que aprendemos:
Como eramos máis de 50 persoas tivemos que dividirnos en dous grupos:
Hoxe, o alumado de 3º de Primaria ata 4º de ESO continuará con esta actividade formativa, na que para finalizar tocarán xuntos como se fosen unha banda.
Nesta ocasión, na escola de nais e pais, quixemos poñer en valor a importancia de pasar máis tempo en familia de xeito educativo e lúdico, lonxe das pantallas e do ocio de consumo, desfrutar de compartir e de construir redes en comunidade, de ahí que hoxe abríramos o noso pequeno círculo formativo ao resto da comunidade educativa, profesorado e persoal non docente.
Grazas a todas e todos. Agardámosvos no seguinte encontro en xaneiro.
QUÉROTE + . COMEZO DO PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL CON 3º ESO
O alumnado de 3º da ESO participa este curso no Programa Quérote + de educación afectivo sexual pertencente ao Plan Proxecta.
Este luns coñeceron da man da orientadora os obxectivos, contidos e finalidade deste programa que se desenvolverá ao longo de todo o curso de forma transversal a través de diferentes materias dende as que se abordarán, entre outros contidos, a diferencia entre identidade e orientación sexual, as influenzas negativas da idea do amor romántico e das redes sociais na construcción da identidade sexual, así como a prevención de enfermidades de transmisión sexual.
A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.
Tamén coñeceron a ubicación en Lugo do centro Quérote, onde poden solicitar asesoramento afectivo sexual presencial ou consultar dúbidas a través das canles de wasap, telegram ou en liña a través da súa web.
Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.
As Unidades didácticas que vaiamos desenvolvendo iranse aloxando na Aula Virutal, e o alumnado poderá acceder a elas en calquera momento.
Ao rematar o curso, o grupo de 3º compartirá o aprendido co alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.
Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E VOCACIONAL EL 1º E 2º ESO
O alumnado de 1º e 2º da ESO explorou esta Guía de Orientación interactiva na hora de titoría, xunto coa orientadora do centro.
Nela recóllense aspectos básicos sobre a elección de materias na etapa, a avaliación, a promoción e a titulación. Tamén inclúe unha batería de test de orientación vocacional para ir coñecendo os seus intereses e aptitudes.
Deixámosvos aquí un enlace, para que tamén a podades consultar en familia.
https://www.canva.com/design/DAFyXxUAC4k/dClXHCZpEWcnFhGsVvdpHQ/edit?utm_content=DAFyXxUAC4k&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton
25 DE NOVEMBRO
A semana pasada realizáronse diversas actividades no centro como conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Dúas charlas integradas dentro do Plan Director da Convivencia.
Para o alumando de 5º e 6º de primaria sobre a importancia da Igualdade, a libertade das mulleres e a loita contra os prexuízos de xénero. E para o alumnado de 1º e 2º de ESO con máis énfase na identificación dos signos da Violencia de xénero, o control, o abuso e características das relacións tóxicas.
Un taller didáctico para o alumando de 3º e 4º de ESO "Pola igualdade de xénero" impartidos por Candela Fraga e Sandra García, Enfermeiras de Familia e da comunidade, quenes de forma entretida e amena fixeron reflexionar ao alumnado a través do roll playing, videos, curtas e cancións sobre os estereotipos de xénero, o mito do amor romántico e a violencia de xénero ainda presentes na nosa sociedade.
Asemande, quixeron compartir con nós estes interesantes recursos cos que o alumnado poderá seguir reflexionando dende as horas de titorías no centro, e dende as súas casas, sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller.
Moitas grazas polo voso traballo! Xuntas faise comunidade!
E como actividade final, o venres 24 o alumnado da ESO realizou un mural obituario cos nomes e a historia das mulleres asasinadas no que vai de ano.
AS 360 CURVAS DA FONSAGRADA
O pasado 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO puido coñecer da man dos creadores do documental 360 Curvas da Fonsagrada, Alejandro Gándara, Aridana Silva, Adrián Méndez e Manuel Lucas, os pasos a realizar nun proxecto artístico audiovisual, neste caso o proceso de creación dun documental que mixtura pasado e presente, no que se relatan as protestas que nos anos 90 sacudiron as terras de Burón para esixir o mantemento dos servizos na comarca da Fonsagrada, actos de resitencia cívica que os creadores fan dialogar co momento actual.
O documental está nestes momentos en fase de producción, e durante a charla compartiron co alumnado a evolución que se foi producindo dende unha idea inicial, xurdida a raíz das imaxes de arquivo do fotógrafo fonsagradino Manuel Fernández, ata pasar polas diferentes fases de preproducción, documentación audiovisual, entrevistas á veciñanza, guión, ata chegar ás finais de edición e montaxe.
360 curvas chegará á pantalla o próximo verán, e o alumnado poderá desfrutar do resultado final, sendo coñecedores de todas as fases dunha producción orixinal e próxima á súa realidade rural.
SEGURIDADE VIAL
O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla este luns sobre Seguridade Vial a cargo de Daniel Prada, ponete e colaborador da asociación AESLEME de Galicia (Asociación para o Estudio da Lesión Medular), quen lles transmitiu a importancia da prevención de accidentes como peatóns, usuarios de bicicletas e monopatín, normas básicas de seguridade e hábitos incorrectos que debemos evitar.
Obradoiro de micoloxía
Julián Alonso, doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, impartiu unha charla sobre fungos a 1º da ESO e 3º e 4º de Primaria. Explicoulles as características dos fungos, como diferencialos, a súa importancia nos ecosistemas,... Logo fixeron unha saída pola contorna do centro para buscar fungos e identificalos.
Samaín e magosto
Celebramos o magosto e o Samaín no colexio. Mira neste vídeo como o pasamos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »