Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.
Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes.
Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.
No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.
Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.
Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.
Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias!