Gallego

VI Xornadas de lingua e literatura. A competencia literaria

Summary: 

Estas xornadas teñen un dobre obxectivo, a actualización do profesorado e proporcionar recursos e actividades de aplicación práctica na aula. Con este fin están organizadas en conferencias, prácticas de referencia e obradoiros.
Gallego

Os días 9 e 10 de maio celebrarase as "VI XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA. A COMPETENCIA LITERARIA"

Estas xornadas teñen un dobre obxectivo, a actualización do profesorado e proporcionar recursos e actividades de aplicación práctica na aula. Con este fin están organizadas en conferencias, prácticas de referencia e obradoiros.

O programa vai dirixido ás persoas que imparten docencia en lingua galega e/ou lingua castelá. Para poder inscribirte nelas só tes que introducir este cógido, G1302002, en fprofe.

Desenvolveranse na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de maio.

 

xornadas
programa

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc

Mindmeister

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.

 

 

Gallego
mindmeinster

Film English

FILM ENGLISH é un recurso especialmente útil para o profesorado de inglés, xa que ten clases preparadas a partir de longa e curtametraxes.

Este recurso foi creado por Kieran Donaghy, docente da UAB Idiomes Barcelona, parte da Universitat Autònoma de Barcelona. Donaghy promove o uso creativo do inglés nas aulas. Todo o plan de estudo xira en torno ao uso do vídeo para o ensino do inglés. Así, promove a cinefilia, o análise da imaxe en movemento, e a cultura cinematográfica coma habilidade do século XXI, necesaria para o alumnado. Tamén se promove o pensamento crítico, así como a reflexión en valores á par que se aprende unha lingua.

Film English é visitado por 80.000 profesores ao mes e ten un total de 2.5 millóns de visitas ao ano. Éxito de crítica, recibiu senllos premios, incluíndo o de Mellor Blog Individual e finalista do Mellor Uso de Vídeo nos Premios Edublog 2011, Mellor Páxina  TEFL.net 2011, e o Blog Destacado no British Council Teaching English.

Gallego
Film English

As nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.
A iniciativa xorde no ano 2011 cando varios centros (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.
Dende aquel momento, fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas...) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en galego.
Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compartindo as actividades que desexe sempre que estean relacionadas coas letras galegas dalgunha forma. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e sirvan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blog do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras

Gallego
as nosas letras

Recordatorio sobre a convocatoria Erasmus +

Summary: 

PRAZOS DE INSCRICIÓN ERASMUS + en: MODALIDADE AK1, de mobilidade: 17 DE MARZO de 2014 MODALIDADE AK2, de cooperación: 30 DE ABRIL de 2014
Gallego

Lémbranse os PRAZOS DE INSCRICIÓN ERASMUS + no que atinxe aos intereses de docentes en diversos centros e institucións:

  • MODALIDADE AK1, de mobilidade: 17 DE MARZO de 2014
  • MODALIDADE AK2, de cooperación: 30 DE ABRIL de 2014

 

FUTUROS PARTICIPANTES NO PROGRAMA

Para poder participar no programa Erasmus + é necesario que todas as institucións solicitantes se rexistren no Portal de Participantes da Comisión Europea da área de Educación, Audiovisual, Cultura, Cidadanía e Voluntariado:
Enlace á páxina europea:
http://ec.europa.eu/education/participants/portal/desktop/en/home.html
A aplicación está xa dispoñible. Teña en conta que o rexistro non é inmediato; é precisa unha validación.
Xúntase un arquivo con instrucións, consúltense tamén as presentacións das xornadas de Erasmus + do día cinco de xaneiro de 2014.

Presentacións:

/portal/programaseuropeos
http://www.oapee.es/oapee/inicio.html

O PROGRAMA ERASMUS +
O 12 de decembro 2013 publicouse a Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+ no Diario Oficial da Unión Europea:

http://eurlex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:C:2013:362:0062:0065:ES:PDF

As condicións detalladas da convocatoria figuran na Guía do Programa Erasmus+, dispoñible no seguinte ligazón:
http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_en.htm, onde tamén pode atopar información relevante.

Os formularios electrónicos de solicitude non están dispoñibles, aínda que xa están os borradores na devandita ligazón.
En España esta convocatoria complementarase cunha Convocatoria Nacional de Propostas, pendente de publicación.


Enderezos de interese
- Toda a información de interese para Erasmus +

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm


- Programa (polo de agora só en inglés)

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/documents/erasmus-plus-programme-guide_en.pdf


- Para a busca de socios

http://www.etwinning.net/en/pub/get_support/contact.htm

 

-Boletin eTwinning
http://www.etwinning.net/es/pub/news/newsletter.htm


-Boletín do Centro Moderno Europeo de Linguas de Graz
http://www.ecml.at/portals/1/newsletter/2013-09rev.htm


-Información práctica da Unión Europea
http://europa.eu/index_es.htm


-The Education, Audiovisual & Culture Executive Agency
http://eacea.ec.europa.eu/index_en.php

Erasmus+
Erasmus+

Un manuscrito inédito de La colmena, Cela

Summary: 

Annie Salomon, filla do hispanista francés Noël Salomon, doa á Biblioteca Nacional de España o texto con pasaxes non coñecidas
Gallego

Editada en Bos Aires en 1945/1946, La colmena, título fundamental na obra do Nobel de literatura, non se puido publicar en España ata 1951, debido á censura da ditadura. Segundo a BNE, o manuscrito inédito da novela de Cela «nunca» foi presentado ante os censores.

A doadora, Annie Salomon, xunto á directora da BNE, Ana Santos, presentarán publicamente o manuscrito inédito de La colmena nun acto que se celebrou a comezos de mes na sede da Biblioteca, acto ao que asistiu tamén Adolfo Sotelo Vázquez, catedrático de Historia da Literatura Española e especialista na obra de Cela.

Adolfo Sotelo explicou que o groso do manuscrito é parte da copia que Cela presentou á censura o 7 de xaneiro de 1946, é a que ía ir a Barcelona para a publicación, mais que nunca chegou a ese destino. Afirma Sotelo que o manuscrito ten un alto valor para comprobar tanto a natureza das pasaxes censuradas, que confirma que a censura estaba moi preocupada polos aspectos eróticos da novela; e, por outra, o traballo de creación dos textos.

Ligazóns de interese na BNE:

Anotacións_Colmena
Anotacións_Colmena

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Summary: 

Novo curso a distancia ofertado fóra do Plan Anual de Formación ao profesorado.
Pretende formar ao profesorado para a titorización de cursos en rede, en Platega.
Gallego

A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega.  Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.

Destinatarios:

  • Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
  • Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
  • Profesorado relator de cursos de formación.
  • Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...


Competencias e obxectivos:

  • Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.

Obxectivos:

  • Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
  • Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
  • Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
  • Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
  • Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.

Contidos

  • Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
  • Creación de cursos virtuais con Moodle.
  • Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.

Coñecementos previos necesarios:

  • Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
  • Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
  • Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.

Temporalización e características:

O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083

Ligazón á ficha da actividade en fprofe.

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Felicitación navideña da Rede de Formación do Profesorado de Galicia

Summary: 

A Rede de Formación do Profesorado de Galicia deséxavos felices festas e próspero 2014
Gallego
felices festas

Emaze

Esta ferramenta web permítenos crear e gardar presentacións en liña. Trátase dunha alternativa a Power Point, Impress ou Prezi, que presenta algunhas diferenzas con respecto a elas.

Unha vez que nos rexistremos poderemos comezar a crear as nosas presentacións. A modo de inspiración poderemos explorar presentacións xa feitas con esta ferramenta.

A ferramenta conta con 13 modelos, cinco deles con animacións 3D. Dentro de cada modelo podemos escoller tamén diferentes deseños de diapositivas, que poderemos modificar ao noso gusto.

En cada diapositiva podemos engadir texto, imaxes, vídeos (apenas de YouTube) e formas predefinidas. Cando inserimos cada un destes elementos xurdirannos barras de ferramentas coas que poderemos modificar o tamaño, a cor, efectos 3D, rotar...

A diferenza doutros programas similares, para organizar mellor o noso traballo, poderemos agrupar un conxunto de diapositivas que traten a mesma temática ou o mesmo obxectivo en Seccións, a modo de capítulos dun libro. O manexo das diapositivas é moi sinxelo e podemos borralas, duplicalas ou movelas simplemente arrastrándoas.

Unha vez rematada a nosa presentación podemos previsualizala, modificala, eliminala, imprimila, facela pública ou privada, compartila por email ou nas redes sociais, embebela nun blogue ou sitio web.

Destacamos tamén dúas funcionalidades desta ferramenta. En primeiro lugar, podemos descargar a nosa presentación. Daquela, crearase un arquivo comprimido que poderemos levar onde queiramos e evitar problemas de rede. Ao descomprimilo, poderemos visualizala clicando no arquivo html.

En segundo lugar, a presentación pode realizarse de xeito colaborativo, invitando por email aos colaboradores que queiramos.

Gallego
Crea presentacións interactivas