Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

A importancia do canto coral no ensino

Summary: 

O valor do canto coral como ferramenta didáctica
Gallego

S2201034 A importancia do canto coral no ensino

Obxectivos:

1.Adquirir conceptos básicos da técnica vocal aplicada ao canto na aula e ao canto coral escolar.

2.Adquirir nocións básicas de xesto na dirección coral.

3.Motar repertorio escolar de difrentes estilos e niveis de dificultade.

 

Datas:

28 de xaneiro, 11 de febreiro, 4 de marzo, 18 de marzo, 29 de abril e 20 de maio,

Horario:

10:00- 14:00 

Duración:

30 horas (24 horas presenciais, e 6 horas para estudio de partituras)

 

Localización:

Cidade da Cultura. Sala de eventos do Edificio Fontán. Santiago de Compostela

 

Más información en FProfe co código da actividade.

S2201034 A importancia do canto coral no ensino
S2201034 A importancia do canto coral no ensino

S2202036 Xornadas de educación e deseño contemporáneo

Summary: 

Xornadas presenciais
Gallego

Obxectivos:

1.Analizar o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño, a importancia do patrimonio cultural e os seus valores significativos dende as teorías ata a sua aplicación na aula.

2.Reflexionar sobre a pedagoxía do deseño nas EASD, sobre a influencia social positiva do deseño e a súa incidencia na mellora da calidade de vida e ambiental.

3.Aprender e deseñar incorporando as liñas de investigación fundamentais do pensamento e as prácticas contemporáneas.

 

Data:

19 de novembro de 2022

 

Horario:

9:30- 14:00 e de 16:00-19:30

Duración:

8 horas

Localización:

Centro Gallego de Arte Contemporáneo. Santiago de Compostela

 

Máis información en FProfe co código da actividade.

File: 

S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA

Summary: 

Esta actividade ofrecerá novas propostas, recursos e ideas para desenvolver e integrar a metodoloxía CLIL na aula de Educación Plástica Visual e Artística.
Gallego

A actividade S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA terá lugar co seguinte horario no Centro Autonómico de Formación e Innovación, en Santiago de Compostela:

Día 12 de marzo, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 

A relatora deste curso será Sabela Arias Castro, profesora de secundaria, viñetista e artista gráfica. Para ter máis información sobre o seu percorrido pódese consultar  a seguinte ligazón: sabelaarias.com/gl

Os obxectivos a acadar serán os seguintes:

1.Deseñar unha proposta didáctica segundo o enfoque CLIL.

2.Analizar e seleccionar as estratexias e recursos adaptados ao contexto da aula EPVA.

3.Achegar propostas para dar atención ás necesidades específicas do alumnado.

E os contidos a desenvolver durante a formación indícanse a continuación:

1.Fundamentos do ensino CLIL.

2.Programación, secuenciación e avaliación na aula de Educación Plástica Visual e Artística.

3.Análise e emprego dos recursos dixitais para a aula CLIL de EPVA.

4.Medidas de atención á diversidade. Estratexias de andamiaxe e DUA para alumnado con NEAE.

 

 

Enfoque CLIL EPVA

S2101069 Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño

Summary: 

Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas
Gallego

Actividade eminentemente práctica na que aprenderás a elaborar programacións e unidades didácticas vinculadas ás escolas de artes superiores de deseño.

 

Obxectivos

1. Identificar as partes de que consta unha programación docente.

2. Deseñar e producir programacións que sirvan coma ferramentas reais de comunicación co alumnado e planificación do traballo nas aulas.

3. Deseñar unidades didácticas que reflictan axeitadamente o traballo nas aulas.

 

Contidos

1. Identificación e contextualización. Lexislación.

2. Programación docente: obxectivos. Organización contidos.

3. Avaliación. Avaliar e cualificar. Avaliación inicial. Criterios de avaliación. Criterios de cualificación. Procedementos de avaliación.

4. Mínimos esixibles. Metodoloxía. Actividades. Recursos.

 

HORARIO

- 01 de outubro de 16:30 a 20:00

- 15 de outubro de 16:30 a 20:00

- 22 de  outubro  de 16:30 a 20:00

- 29 de  outubro  de 16:30 a 20:00

- 05 de  novembro de 16:30 a 19:30

- 12 de  decembro de 16:30 a 19:30

 

RELATORA

- Elisa María González Penas

 

LUGAR

- CAFI (Santiago de Compostela

 

Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño
Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño

National Gallery of Art

National Gallery of Art: ligazón para acceder a un tour virtual pola Galería. 

Gallego
National Gallery of Art

Móvete connosco na casa

Summary: 

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.
Gallego

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 

A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.

Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

MÓVETE CONNOSCO NA CASA

Móvete connosco na casa

MUPEGA - Museo Pedagóxico de Galicia

Gallego
MUPEGA