S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA
A actividade S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA terá lugar co seguinte horario no Centro Autonómico de Formación e Innovación, en Santiago de Compostela:
Día 12 de marzo, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
A relatora deste curso será Sabela Arias Castro, profesora de secundaria, viñetista e artista gráfica. Para ter máis información sobre o seu percorrido pódese consultar a seguinte ligazón: sabelaarias.com/gl
Os obxectivos a acadar serán os seguintes:
1.Deseñar unha proposta didáctica segundo o enfoque CLIL.
2.Analizar e seleccionar as estratexias e recursos adaptados ao contexto da aula EPVA.
3.Achegar propostas para dar atención ás necesidades específicas do alumnado.
E os contidos a desenvolver durante a formación indícanse a continuación:
1.Fundamentos do ensino CLIL.
2.Programación, secuenciación e avaliación na aula de Educación Plástica Visual e Artística.
3.Análise e emprego dos recursos dixitais para a aula CLIL de EPVA.
4.Medidas de atención á diversidade. Estratexias de andamiaxe e DUA para alumnado con NEAE.