O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Competencias profesionais
Obxectivos:
Contidos:
Datas e horario:
Lugar de realización:
Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402036.
Dirixida a todo o profesorado.
Desenvolverase os días 27 de novembro e 2, 5 e 18 de decembro.
Celebrarase no CAFI. Santiago de Compostela
O prazo de inscrición está aberto en fprofe.
Código de inscrición: G2401033
Aquí podes consultar o Programa
Summary:
A xornada terá lugar o sábado, 30 de novembro en horario de mañá e tarde.
Dirixida a todo o profesorado.
Celebrarase a Escola Galega da Administración Publica (EGAP). Santiago de Compostela
Abordaranse temas referidos a:
O prazo de inscrición está aberto en fprofe.
Código de inscrición: G2402001
Aquí podes consultar o Programa
Summary:
CURSO INTENSIVO DE FORMACIÓN DE INSPECTORAS E INSPECTORES DE NOVO INGRESO - 2024
Datas: 5-6-7-18-19-20 de novembro
Summary:
O vindeiro sábado 9 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!".
Unha xuntanza que falará do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiará á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes...
Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.
Aquí podes consulta o Programa
Aquí podes consulta o Dosier
Summary:
Xa te podes anotar nas actividades do primeiro e segundo trimestre. Repasa o amplo abano de actividades que ofertamos e non o deixes para máis adiante.
O prazo inicial remata o 20 de decembro.
Summary:
A Xunta de Galicia vai traballar nun novo decreto para regular a formación do profesorado e axustala ás necesidades actuais e blindala como elemento chave para a calidade do ensino e a mellora permanente da atención que recibe o alumnado. Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP iniciará esta semana o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas de cara a elaborar un novo decreto que modernice estas actividades e as adapte aos novos desafíos.
O novo texto avanzará sobre o texto vixente, que data de 2011, e regulará un modelo de formación permanente con vocación de mellora, pensamento innovador e sustentado no traballo realizado en anos anteriores, nos que se veñen rexistrando récords de participación nas actividades do Plan de formación do profesorado. Non en balde, o curso pasado realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego.
Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa hoxe nunha das actividades previstas no Plan de formación do profesorado deste ano, unha xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino. É a primeira vez que se celebra esta actividade, de nivel avanzado, no marco do itinerario específico de formación de equipos directivos, no que a Xunta está a facer un especial fincapé polo papel fundamental destas persoas nos centros.
A nova normativa terá carácter proactivo, con intención de anticiparse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización, a intelixencia artificial, a internacionalización ou o incremento da multiculturalidade nas aulas, entre outros.
Tamén buscará a promoción e o desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado para contribuír á mellora da calidade da educación, conxugando a súa necesaria actualización -para facer fronte ás novas necesidades da sociedade actual- coa resposta que debe dar ás súas expectativas de mellora no exercicio profesional.
Para iso, proporase unha resposta dinámica e flexible ás esixencias do sistema educativo, concedendo un especial protagonismo ás necesidades de cada centro. De feito, situarase aos centros de ensino como núcleo central da acción formativa do profesorado, aínda que á fronte da Rede de formación permanente do profesorado seguirán, ademais do servizo encargado na Consellería, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os centros de Formación e Recursos (CFR).
Así mesmo, o novo texto fomentará a investigación e a innovación educativa, así como a constitución de redes de colaboración e coaprendizaxe docente.
Summary:
Esta proba só é válida para coñecer o nivel que se posúe á hora de inscribirse nun CALC ou por outra parte, para aquelas persoas que non poidan xustificar o nivel anterior ao que se queren inscribir.
Data: Xoves, 28 de novembro 2024
Hora: 17 a 19 horas
Lugar: Aula 11 no CAFI
Summary:
Parabéns a Chus Pato Premio Nacional de Poesía 2024 por "ser una obra experimental, una expansiva y concentrada conversación entre el poema y la muerte, aquella que, tras la orfandad de la madre, arrastra a los lectores hacia los abismos del propio linaje".