O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.
É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.
O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.
Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Summary:
Última semana para inscribirse no curso en Rede G2401067 Perfecciónate en eTwinning, que se desenvolverá entre o 2 de abril e o 6 de maio.
É unha actividade de 20 horas para a que se require ter formación ou experiencia previa en eTwinning.
O prazo de inscrición remata o luns 17 de marzo.
Inscrición e información en www.edu.xunta.gal/fprofe.
Summary:
O próximo día 29 de marzo celebrarase a Xornada de Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores.
Cal e a diferenza entre cambio e transformación educativa?
Nesta xornada trataremos de responder a esta pregunta desde os seguintes tres eixos: avaliación, investigación e traballo en equipo.
Na apertura do evento poderemos escoitar a María Elena Cano García. Ela é profesora titular do Departamento de Didáctica e Organización Educativa da Universitat de Barcelona. É igualmente coordinadora do Grupo de Investigación Consolidado LMI (Learning, Media & Social Interactions) e do grupo recoñecido de Innovación Docente en Evaluación e Tecnoloxía GIDAT.
Participarán igualmente centros educativos de Galicia, premiados na convocatoria Innovagal.
O peche correrá a cargo de Toni Solano, Director no IES Bovalar de Castelló, un centro catalogado como CAES (Centros de Actuación Educativa Singular) e autor do ensaio "Aula o jaula". El é catedrático de Lingua e Literatura Castelá, impartindo esta materia no seu centro.
O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 9 de marzo. O código do curso é G2402007.
Calquera dúbida que poidades ter ao respecto, pódese remitir un correo electrónico a cafi.for.inn@edu.xunta.gal
A actividade de formación G2403010 Pedagoxía e memoria ante o terrorismo organízase co obxectivo de formar a docentes na importancia de abordar o terrorismo nas aulas para deslexitimar a violencia e visibilizar as vítimas do terrorismo.
A actividade, de 9 horas de duración, componse de relatorios de expertos, nos que se ofrecen estratexias e recursos docentes para afrontar esta tarefa. Para complementar as intervencións por videoconferencia, a formación conta ademais cunha plataforma virtual onde se aloxan materiais (presentacións, unidades didácticas), así como outras informacións relacionadas coa temática.
Programa:
Martes 14 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
Mércores 15 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
Xoves 16 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
Summary:
CURSO INTENSIVO DE FORMACIÓN DE INSPECTORAS E INSPECTORES DE NOVO INGRESO - 2024
Datas: 5-6-7-18-19-20 de novembro
Summary:
Xa te podes anotar nas actividades do primeiro e segundo trimestre. Repasa o amplo abano de actividades que ofertamos e non o deixes para máis adiante.
O prazo inicial remata o 20 de decembro.
Summary:
A Xunta de Galicia vai traballar nun novo decreto para regular a formación do profesorado e axustala ás necesidades actuais e blindala como elemento chave para a calidade do ensino e a mellora permanente da atención que recibe o alumnado. Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP iniciará esta semana o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas de cara a elaborar un novo decreto que modernice estas actividades e as adapte aos novos desafíos.
O novo texto avanzará sobre o texto vixente, que data de 2011, e regulará un modelo de formación permanente con vocación de mellora, pensamento innovador e sustentado no traballo realizado en anos anteriores, nos que se veñen rexistrando récords de participación nas actividades do Plan de formación do profesorado. Non en balde, o curso pasado realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego.
Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa hoxe nunha das actividades previstas no Plan de formación do profesorado deste ano, unha xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino. É a primeira vez que se celebra esta actividade, de nivel avanzado, no marco do itinerario específico de formación de equipos directivos, no que a Xunta está a facer un especial fincapé polo papel fundamental destas persoas nos centros.
A nova normativa terá carácter proactivo, con intención de anticiparse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización, a intelixencia artificial, a internacionalización ou o incremento da multiculturalidade nas aulas, entre outros.
Tamén buscará a promoción e o desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado para contribuír á mellora da calidade da educación, conxugando a súa necesaria actualización -para facer fronte ás novas necesidades da sociedade actual- coa resposta que debe dar ás súas expectativas de mellora no exercicio profesional.
Para iso, proporase unha resposta dinámica e flexible ás esixencias do sistema educativo, concedendo un especial protagonismo ás necesidades de cada centro. De feito, situarase aos centros de ensino como núcleo central da acción formativa do profesorado, aínda que á fronte da Rede de formación permanente do profesorado seguirán, ademais do servizo encargado na Consellería, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os centros de Formación e Recursos (CFR).
Así mesmo, o novo texto fomentará a investigación e a innovación educativa, así como a constitución de redes de colaboración e coaprendizaxe docente.
Summary:
Resolución provisional de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2024/25
Segundo os termos establecidos no apartado 14.1 referido á RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de novos plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25, a Comisión fará públicas as resolucións provisionais que se difundirán no portal educativo www.edu.xunta.gal/portal.
A partir da publicación desta resolución abrirase un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da dirección xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados. O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PRO04A), que se deberá identificar coa denominación “PFPP 24_25” xunto coa documentación correspondente. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramitese-servizos/chave365).
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44762
Summary:
Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2024/25 e 2025/26, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.