G2403010 Pedagoxía e memoria ante o terrorismo
A actividade de formación G2403010 Pedagoxía e memoria ante o terrorismo organízase co obxectivo de formar a docentes na importancia de abordar o terrorismo nas aulas para deslexitimar a violencia e visibilizar as vítimas do terrorismo.
A actividade, de 9 horas de duración, componse de relatorios de expertos, nos que se ofrecen estratexias e recursos docentes para afrontar esta tarefa. Para complementar as intervencións por videoconferencia, a formación conta ademais cunha plataforma virtual onde se aloxan materiais (presentacións, unidades didácticas), así como outras informacións relacionadas coa temática.
Programa:
Martes 14 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
- Florencio Domínguez. "O terrorismo na historia recente de España".
- Belén Sáenz. "O programa Memoria e prevención do terrorismo".
Mércores 15 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
- Ricardo Arana. "Compromiso docente ante o terrorismo".
- Mónica García Celaá. "Perfil vítimas educadoras e a forza das súas testemuñas".
Xoves 16 de xaneiro das 17:00 ás 20:00 h.
- Raúl López Romo. "Como falar de terrorismo nas aulas. Unidades didácticas e outros recursos".
- Cristina Cuesta Gorostidi. "Testemuño dunha vítima de ETA".