Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

G2402036 - Formación específica para o exercicio das funcións da secretaría nos centros educativos

Summary: 

Actividade formativa para as persoas secretarias dos centros educativos os días 28 de novembro, 16 de xaneiro e 13 de febreiro no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Gallego

Competencias profesionais

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade.
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Coñecemento da normativa actualizada.

Obxectivos:

  1. Coñecer os aspectos normativos aplicables na secretaría dun centro educativo da Consellería de Educación.
  2. Saber xestionar os recursos económicos e persoais dun centro educativo da Consellería de Educación.
  3. Favorecer a adquisición e actualización das competencias precisas das persoas secretarias dos centros educativos.

Contidos:

  1. Normativa aplicable na secretaría dun centro educativo da CECUFP.
  2. Xestión teórico-práctica dos recursos económicos e do persoal no docente do centro educativo.
  3. Prevención de riscos laborais.

Datas e horario:

  • Xoves, 28 de novembro de 2024. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 16 de xaneiro de 2025. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 13 de febreiro de 2025. De 09:30 a 14:00.  

Lugar de realización:

  • Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Santiago de Compostela. 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402036.

IMAXE

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024

Summary: 

Bibliotecas Escolares
Gallego

O vindeiro sábado 9 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!".

Unha xuntanza que falará do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiará á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes...

Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

Aquí podes consulta o Programa

Aquí podes consulta o Dosier

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024

Decreto de formación do profesorado

Summary: 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional actualizará o decreto de formación do profesorado para axustalo ás necesidades actuais como elemento chave para a calidade do ensino
Inicia o proceso para recoller achegas previas para a nova normativa que modernizará estas actividades e as adaptará á dixitalización, entre outros
Substituirá á normativa de 2011 e avanzará sobre o traballo realizado nos últimos anos, con récord de participación docente nas actividades do Plan de formación
O conselleiro Román Rodríguez participa hoxe na xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino, unha actividade do Plan de formación docente
Gallego

A Xunta de Galicia vai traballar nun novo decreto para regular a formación do profesorado e axustala ás necesidades actuais e blindala como elemento chave para a calidade do ensino e a mellora permanente da atención que recibe o alumnado. Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP iniciará esta semana o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas de cara a elaborar un novo decreto que modernice estas actividades e as adapte aos novos desafíos. 

O novo texto avanzará sobre o texto vixente, que data de 2011, e regulará un modelo de formación permanente con vocación de mellora, pensamento innovador e sustentado no traballo realizado en anos anteriores, nos que se veñen rexistrando récords de participación nas actividades do Plan de formación do profesorado. Non en balde, o curso pasado realizáronse un total de 5.854 actividades, un 6% máis ca no curso anterior, das que gozaron máis de 31.370 docentes, o 87% do profesorado galego.

Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participa hoxe nunha das actividades previstas no Plan de formación do profesorado deste ano, unha xornada de mentorización de novas direccións de centros de ensino. É a primeira vez que se celebra esta actividade, de nivel avanzado, no marco do itinerario específico de formación de equipos directivos, no que a Xunta está a facer un especial fincapé polo papel fundamental destas persoas nos centros. 

Novos retos sociais e tecnolóxicos

A nova normativa terá carácter proactivo, con intención de anticiparse aos continuos e cada vez máis rápidos cambios que afectan en xeral á sociedade e, como parte dela, ao sistema educativo en eidos como a dixitalización, a intelixencia artificial, a internacionalización ou o incremento da multiculturalidade nas aulas, entre outros.

Tamén buscará  a promoción e o desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado para contribuír á mellora da calidade da educación, conxugando a súa necesaria actualización -para facer fronte ás novas necesidades da sociedade actual- coa resposta que debe dar ás súas expectativas de mellora no exercicio profesional.

Para iso, proporase unha resposta dinámica e flexible ás esixencias do sistema educativo, concedendo un especial protagonismo ás necesidades de cada centro. De feito, situarase aos centros de ensino como núcleo central da acción formativa do profesorado, aínda que á fronte da Rede de formación permanente do profesorado seguirán, ademais do servizo encargado na Consellería, o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e os centros de Formación e Recursos (CFR).

Así mesmo, o novo texto fomentará a investigación e a innovación educativa, así como a constitución de redes de colaboración e coaprendizaxe docente.

Decreto de formación do profesorado

Soliedariedade coa xente afestada

Summary: 

Gallego

Todo o noso apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola Dana. Acompañamos na dor as familias das vítimas  e manifestamos o noso agradecemento ao persoal de emerxencias, sanitarios, empregados públicos, forzas de seguridade... quen seguen a traballar incansablemente nunhas condicións dificilísimas.

Agradecementos

Premio Nacional das Letras Españolas 2024

Summary: 

Parabéns a Manuel Rivas Premio Nacional das Letras Españolas 2024
Gallego

Parabéns a Manuel Rivas Premio Nacional das Letras Españolas 2024 "la extraordinaria calidad narrativa que aúna fuerza emocional y belleza formal y por la solidez de una trayectoria versátil y coherente construida con la sensibilidad y la defensa de la memoria histórica, la responsabilidad social y la lengua gallega”"

Manuel Rivas
Premio Nacional