O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Do 8 de novembro ao 13 de decembro levarase a cabo o curso S2301075: Introdución aos espazos virtuais de aprendizaxe, de 20h de duración das cales 15h serán de docencia presencial e 5h de tarefa individual.
Abordaranse os Espazos Virtuais de Aprendizaxe Moodle e E-Dixgal, a creación, organización e xestión de cursos e actividades e a creación de contornas dixitais seguras e saudables.
O prazo de inscrición remata o 18 de outubro de 2023.
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Summary:
Mira o que temos en Aula Nova para prestar.
Preme aquí: PRÉSTAMO
Tema:
Sección:
Actividade de 16 horas en LINGUA INGLESA da EUROPEAN SCOOLNET
Datas: 13 de marzo a 19 de abril
Inscripción a través de FPROFE co Código G2201140 e na páxina da EUROPEAN SCOOLNET do link seguinte:
Link de inscripción e de máis información: https://bit.ly/UnlockingAI_MOOC
Summary:
Summary:
1. Introducción aos laboratorios en liña virtuais útiles para Química, Física, Bioloxía, Xeoloxía e Astronomía.
2. Inquiry Learning Space para laboratorios virtuais seguindo o método indagativo.
3. Ferramentas gratuitas para utilizar os laboratorios virtuais con Graasp
4. Uso da ferramenta GoLabz para compartir propostas.
5. Creación de secuencias didácticas con laboratorios en liña
Summary:
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.
• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)
Máis información no portal educativo:
Summary:
Curso presencial destinado a todos os coordinadores/as do plan E-Dixgal nos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.
Obxectivos del curso:
1.Formar as persoas coordinadoras sobre cuestións técnicas do proxecto E-Dixgal.
2.Crear un espazo vivo de encontro e co-formación coas persoas coordinadoras E-Dixgal dos centros participantes neste proxecto.
3.Formar ás persoas coordinadoras na xestión de grupos e materias no entorno EVA.
Datas:
16, 21, 28, 30 de novembro.
Horario:
De 17.00 a 20.00 horas.
Duración:
12 horas
Localización:
Aula 1.9 Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)
Sesiones de la formación y fechas:
Relatores:
Jesús Corredoira López
Gadea del Rocío González Iglesias
Más información en FProfe co código da actividade.
Summary:
Curso presencial destinado a todos os coordinadores/as do plan E-Dixgal nos centros educativos de Santiago de Compostela e comarca.
Obxectivos del curso:
1.Formar as persoas coordinadoras sobre cuestións técnicas do proxecto E-Dixgal.
2.Crear un espazo vivo de encontro e co-formación coas persoas coordinadoras E-Dixgal dos centros participantes neste proxecto.
3.Formar ás persoas coordinadoras na xestión de grupos e materias no entorno EVA.
Datas:
5, 24 e 26 de outubro.
Horario:
De 17.00 a 21.00 horas.
Duración:
12 horas
Localización:
Aula 1.9 Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)
Sesiones de la formación y fechas:
Relatores:
Jesús Corredoira López
Gadea del Rocío González Iglesias
Más información en FProfe co código da actividade.
Summary:
Curso presencial por videochamada empregando a plataforma Cisco Webex, está destinado a docentes de todas as ensinanzas e corpos que queiran achegarse ao metaverso eductivo.
Contidos do curso:
1.Contextualización do Metaverso.
2.Metodoloxías interactivas.
3.Plataformas educativas.
4.Creación de contidos no Metaverso.
5.Creación e difusión de proxectos de innovación.
Datas:
17, 19, 24 e 26 de outubro.
2 e 8 de novembro.
Horario:
De 18,30 a 20,30 horas.
Duración:
12 horas
Localización:
Videochamada co relator da actividade.
Sesións da formación e datas:
Relator:
Ibán de la Horra @CITECMAT
Máis información en FProfe co código da actividade.